MODIFICATIVO DE CRÉDITO

Como transformar a posibilidade de achegas para a veciñanza da Coruña en externalizacións e festas sen xustificar

Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación
Foto do salón de Plenos do Concello da Coruña no momento dunha votación

É indignante a nocturnidade e aleivosía coa que o Goberno Local incluíu as súas propostas no modificativo de crédito que vai hoxe á Xunta de Goberno Local introducindo partidas para políticas que son directamente opostas áo aceptábel polo BNG e ás promulgadas teoricamente pola Marea Atlántica

En semanas pasadas tivemos reunións bilaterais para dar encaixe á emenda pactada nos orzamentos, mais en ningún momento fomos informados das intencións reais do Goberno, nin se nos deu explicacións das partidas propostas pola Marea Atlántica, das que só tivemos coñecemento no día de onte, e, pola contra, só se nos informou da necesidade de pagar facturas pendentes

Amosámonos decepcionadas con que o Goberno decidise mesturar as nosas propostas, pensadas para as coruñesas e os coruñeses e nas necesidades sociais da cidade, coas partidas propostas pola Marea Atlántica, como o engadido dun millón de euros para festas sen que se saiba como ou en que se van gastar ou na externalización para a redacción de pregos cara a nova licitación do transporte urbano na cidade

Como transformar a posibilidade de achegas para a veciñanza da Coruña en externalizacións e festas sen xustificar

Diante da aprobación esta mañá na Xunta de Goberno Local dos modificativos de crédito, en especial do M3/2017, financiado co reparto de dividendos de EMALCSA, sinalamos a nosa sorpresa e indignación pola nocturnidade e aleivosía coa que o Goberno Local incluíu as nosas propostas na modificación do orzamento que se aprobou esta mañá xa que introduciu partidas para políticas que, segundo cremos, son directamente opostas ao aceptábel por nós e ás promulgadas teoricamente pola Marea Atlántica.

E é que en semanas pasadas tivemos reunións para dar encaixe á emenda pactada nos orzamentos mais en ningún momento fomos informados das intencións reais do Goberno, nin se nos deu explicacións das partidas propostas pola Marea Atlántica das que só tivemos coñecemento no día de onte e que, pola contra, só se nos informou da necesidade de pagar recoñecementos extraxudiciais de crédito.

Amosámonos decepcionadas con que o Goberno decidise mesturar as nosas propostas, directamente pensadas para as coruñesas e os coruñeses e nas necesidades sociais da cidade, coas partidas propostas pola Marea Atlántica, como o engadido dun millón de euros nas partidas para festas sen que se saiba como ou en que se van gastar ou na externalización para a redacción de pregos cara a nova licitación do transporte urbano na cidade.

Así, lembramos que as súas propostas para este modificativo son propostas complementarias ou mesmo propostas que ían incluídas no noso programa electoral (e mais no da Marea Atlántica) que se non for por este modificativo non se cumprirían. As propostas, por valor de aproximadamente un millón de euros,  son para:

Propostas realizadas polo BNG e pactadas como emenda aos Orzamentos 2017

Todas estas propostas foron faladas de novo nestas últimas semanas co Goberno Local aínda que só se trataba de que cumprisen coa súa palabra dada no Pleno da cuestión de confianza de incluír no primeiro modificativo aquilo que xa fora acordado de cara á aprobación inicial do orzamento alá por decembro de 2016. Pola contra, o Goberno Local en ningún momento nos indicou as partidas que incluiría no modificativo mais alá de indicarnos a necesidade de pagar unha serie de facturas pendentes mediante un recoñecemento extraxudicial de crédito. O que nos atopamos onte foi que a Marea Atlántica inclúe entre outras partidas: un millón de euros para o IMCE destinados a festas e actividades culturais para o resto do ano mais que descoñecemos como se van gastar e inclúe unha partida para externalizar a redacción de pregos técnicos e administrativos para a licitación do servizo público de transporte urbano de viaxeiros.

Para nós, a inclusión desta partida non é máis que a revelación de que o Goberno Local renuncia a xestionar publicamente o transporte urbano de viaxeiros e que pensa concederllo novamente a unha empresa privada coa gravidade de aínda por riba externalizar a redacción dos pregos da licitación, un traballo que perfectamente se pode e debe realizar desde o propio Concello da Coruña.  

A Coruña, 21 de xullo de 2017

Como transformar a posibilidade de achegas para a veciñanza da Coruña en externalizacións e festas sen xustificar