HOTEL ATLÁNTICO

As traballadoras e traballadores do Atlántico coa posibilidade de estar na rúa en 24 horas

Interior do Hotel Atlántico con maquinaria que está sendo desmantelada das súas instlacións
Interior do Hotel Atlántico con maquinaria que está sendo desmantelada das súas instlacións

Consideramos indignante e bochornosa inacción do Goberno da Marea Atlántica no proceso de relevo na concesión no Hotel Atlántico que condena á incerteza ás traballadoras e aos traballadores do establecemento hostaleiro

Agora mesmo a única certeza real é que se está a baleirar o hotel e se está a desprover dun mínimo de operatividade para o momento de traspaso: as empresas distribuidoras están a se levar toda a maquinaria, frigoríficos, cafeteiras, o enxoval etc. NH esta facendo o propio coas súas pertenzas, mesmo co almacén de alimentos. Despois do día de hoxe o interior do establecemento quedará só coas catro paredes e coas persoas traballadoras, que non teñen garantido o seu posto alén de mañá. Cremos vergoñenta a falta de acción do Executivo da Marea que deixa literalmente abandonado á súa sorte ao cadro de persoal

É inadmisíbel que a 24 horas do cambio da concesión as traballadoras e traballadores non teñan ningunha información sobre o proceso, e mesmo se lles agocha; nin NH lles asina o chamado “finiquito”, nin a nova concesionaria, o Grupo Galena, lles garante a subrogación, nin saben se o mércores terán contrato de traballo, nin son convocados ás reunións que se están celebrando mesmo en María Pita

As traballadoras e traballadores do Atlántico coa posibilidade de estar na rúa en 24 horas

Consideramos indignante e bochornosa inacción do Goberno da Marea Atlántica no proceso de relevo na concesión no Hotel Atlántico que condena á incerteza ás traballadoras e traballadores do establecemento hostaleiro.

Segundo puidemos contrastar ao longo desta mañá, as traballadoras e traballadores do actual cadro do NH Atlántico, a 24 horas de que se produza o traspaso da concesión, nin teñen garantida a subrogación por parte da nova empresa concesionaria, o Grupo Galena, nin se lles proporcionará a liquidación a través do chamado “finiquinito” desde a anterior empresa que levaba a concesión, NH Hoteles, e nin tan sequera saben se a partir de mañá estarán nos seus postos de traballo.

Agora mesmo a única certeza real é que se está a baleirar o hotel e se está desprovendo dun mínimo de operatividade para o momento de traspaso: as empresas distribuidoras están a se levar toda a maquinaria, frigoríficos, cafeteiras, o enxoval etc. NH esta facendo o propio coas súas pertenzas, mesmo co almacén de alimentos. Despois do día de hoxe o interior do establecemento quedará só coas catro paredes e coas persoas traballadoras, que non teñen garantido o seu posto alén de mañá. Cremos vergoñenta a falta de acción do Executivo da Marea que deixa literalmente abandonado á súa sorte ao cadro de persoal.

Caixas e bolsas na entrada do Hotel Riazor preparadas para ser retiradas

Lembramos que xa hai un máis dun mes, logo de se ter coñecemento do proceso derivado da nova concesión, manifestabamos que esta situación de incerteza podería acontecer e advertíamos da necesidade de que o Goberno da Marea Atlántica tivera un papel decidido e determinante para garantir a continuidade das persoas que traballaban no establecemento hostaleiro. Do mesmo xeito sinalabamos que en ningún momento se considerou prioritaria a necesidade da continuación do persoal, algo que mesmo censurabamos dun Goberno que se gaba de defender os dereitos dos traballadores e das traballadoras e as cláusulas sociais e laborais.

Convidabamos ao Executivo a que mediara nunha mesa cuatripartita entre NH Atlántico, o Grupo Galena, o propio Goberno e as traballadoras e os traballadores do hotel co obxecto de defender os dereitos destes últimos. Mais este papel activo que demandabamos nunca chegou a efectivizarse, mais ben ao contrario xa que logo mesmo esta mesma mañá houbo unha reunión no propio Concello da que foi excluído o cadro de persoal, volvendo a ningunear ás persoas traballadoras tal e como se fixo en todo o proceso desde o ano 2015. Só podemos descualificar de xeito contundente e tallante á actitude do Goberno municipal e exixiremos as correspondentes responsabilidades.

Por último, queremos trasladar todo o noso apoio ao cadro de persoal, que establecerá a partir desta tarde quendas da garda nas propias instalacións hostaleiras, co obxecto de que estas non queden abandonadas á súa sorte.

A Coruña, 20 de agosto de 2018.

 

Artigos relacionados: