RIAZOR

Se todo vai “segundo o previsto” por que non se preveu que as obras da cuberta de Riazor non estarían a tempo?

Exterior do Estadio Municipal de Riazor coas obras desenvolvéndose a día de hoxe
Exterior do Estadio Municipal de Riazor coas obras desenvolvéndose a día de hoxe

Preguntámonos a quen lle hai que pedir responsabilidades despois do atraso da instalación da nova cuberta de Riazor

Despois dos múltiples anuncios nos que se sinalaba que a nova infraestrutura estaría rematada a tempo para a nova temporada solicitamos aclarar por que non é así e a que foi debido

Demandamos ao Executivo da Marea que avance cal será o dispositivo que se establecerá para a contorna do estadio para os partidos de liga mentres sega a realizarse a obra

“Segundo declaracións de onte do propio alcalde as obras «van segundo o previsto»... Sen embargo a realidade é que 8.564 socias e socios serán recolocados nos partidos contra o Sporting e contra o Granada, non se venderán entradas ao público para estes dous encontros e a contorna do propio estadio requirirá, para ambas datas, dun operativo especial ao se atopar actualmente ocupada pola maquinaria e infraestrutura que desenvolve a obra. Cremos máis que necesario que o Goberno da Marea avance o operativo de seguridade que se establecerá, a maiores de que  explique por que chegamos a esta situación e que se aclaren as responsabilidades correspondentes” demanda o noso candidato á alcaldía Francisco Jorquera.

Se todo vai “segundo o previsto” por que non se preveu que as obras da cuberta de Riazor non estarían a tempo?

Vimos de emitir un comunicado público no que nos preguntamos a quen lle hai que pedir responsabilidades despois do anuncio realizado onte no que se indicaba que o remate da instalación da nova cuberta de Riazor finalmente contará cun mes e medio de retraso, impedindo así o normal uso das gradas do estadio municipal para a cuarta e sexta data do calendario da liga de fútbol.

Tanto o noso candidato á Alcaldía Francisco Jorquera, como a nosa actual portavoz e tamén candidata no tándem de cabeceira Avia Veira,  amosaron esta mañá o seu malestar despois de que durante os últimos meses, distintos representantes do Goberno local da Marea Atlántica avanzaran insistentemente que estas obras estrían rematadas, non só antes da xornada na que o R.C. Deportivo se estrearía na casa en liga, mesmo antes do comezo da propia liga, a mediados de agosto.

“Evidentemente a instalación da nova cuberta non se fixo nos prazos indicados no seu día por Xiao Varela ou por José Manuel Sande. É máis, teñen un retraso dun mes e medio, tal e como anunciou onte o alcalde que, mesmo con dúbidas, sinalaba que a final deste mes deberían estar rematadas. Alguén debe ser o responsábel desta descordinación: quen anunciou uns prazos irreais ou quen non cumpriu se os prazos supostamente eran os óptimos. É lóxico, por tanto que se pidan explicacións”, demandou a nosa actual portavoz Avia Veira.

Neste sentido, tamén solicitamos ao Executivo Local que aclare cal vai ser o operativo que se establecerá, tanto para o partido desta fin de semana contra o Sporting de Xixón, como tamén para a seguinte xornada contra o Granada xa que logo toda a contorna do propio estadio está afectada pola obra co presenza de moitos materiais que se están empregando para a instalación da nova cuberta, vehículos e maquinas e aparellos de construción, valados de seguridade etc, o que requirira dun operativo especial a maiores do que habitualmente se establece para o corte do tráfico e a regulación da mobilidade.

“Segundo declaracións de onte do propio alcalde as obras «van segundo o previsto»... Sen embargo a realidade é que 8.564 socias e socios serán recolocados nos partidos contra o Sporting e contra o Granada, non se venderán entradas ao público para estes dous encontros e a contorna do propio estadio requirirá, para ambas datas, dun operativo especial ao se atopar actualmente ocupada pola maquinaria e infraestrutura que desenvolve a obra. Cremos máis que necesario que o Goberno da Marea avance o operativo de seguridade que se establecerá, a maiores de que  explique por que chegamos a esta situación e que se aclaren as responsabilidades correspondentes” demandaba o noso candidato á alcaldía Francisco Jorquera.