DEFENDAMOS OS POSTOS DE TRABALLO NA NOSA CIDADE. TOMEMOS A RÚA.

Todas e todos co cadro de persoal de Extel. Manifestación o 6 de outubro

Patricia Cordo, membro do Comité de Empresa de Extel, nunha comparecencia de prensa en xullo, denunciando as condicións de traballo no sector do telemarketing
Patricia Cordo, membro do Comité de Empresa de Extel, nunha comparecencia de prensa en xullo, denunciando as condicións de traballo no sector do telemarketing

O Grupo Municipal do BNG reuniuse na tarde do día 5 coa representación das traballadoras e traballadores de Extel e deulle traslado do noso compromiso firme en contra dos despedimentos programados e do noso apoio as traballadoras e aos traballadores afectados

Facemos un chamamento á cidadanía a mobilizarse contra este ERE participando da manifestación que terá lugar hoxe, día 6, ás 20.00 h e que sairá da rúa Ramón y Cajal

Avia Veira: “Todas e todos debemos estar ao carón do cadro de persoal de Extel; máis que nunca debemos facer fronte común entre todos os grupos políticos, as traballadoras e os traballadores e o conxunto das coruñesas e dos coruñeses, rexeitando este despedimento colectivo”

Queremos lembrar ás usuarias e aos usuarios de Movistar reclamar a atención en galego, non só para facer valer o dereito de atención en galego, senón tamén para facer forza contra a deslocalización de postos de traballo

Todas e todos co cadro de persoal de Extel. Manifestación o 6 de outubro

O Grupo Municipal do BNG mantivo no seran do día 5, na véspera da manifestación convocada, unha reunión coa representación das traballadoras e traballadores de Extel, afectados pola decisión da empresa de realizar un ERE que na cidade da Coruña vai supoñer o despedimento de 205 persoas.

Nesta reunión, a nosa concelleira Avia Veira informou ao Comité de Empresa que unha das primeiras actuacións que realizou o propio BNG cando tivo coñecemento da intención da empresa de realizar este ERE foi a solicitude por rexistro da convocatoria ao menor tempo posíbel dunha Comisión de Voceiras e Voceiros do Concello para acordar a convocatoria dun Pleno extraordinario que aprobara unha declaración do Concello da Coruña en contra do ERE.

Do mesmo xeito, a propia Avia Veira trasladoulle ás traballadoras e traballadores presentes na reunión o compromiso firme do BNG en contra dos despedimentos programados e de apoio coas traballadoras e traballadores afectados. Neste sentido facemos un chamamento a cidadanía a mobilizarse contra este ERE participando da manifestación que terá lugar hoxe, día 6, ás 20.00 h, e que sairá da rúa Ramón y Cajal.

Tamén, queremos lembrarlle ás usuarias e aos usuarios de Movistar o solicitar e reclamar a atención en galego. Así, non só farase valer o dereito de atención en galego, ademais tamén farase forza contra a deslocalización de postos de traballo xa que non outra senón que esta é a intención da empresa: a destrución dos postos de traballo na nosa cidade para trasladalos a outras localización onde poder incrementar o beneficio a conta dunhas peores condicións laborais das traballadoras e traballadores.

Por último, Avia trasladou na reunión da Comisión dce Voceiros desta mañá a proposta de facer un comunicado conxunto contra o ERE así como tamén lamentamos que esta Comisión non se convocara antes, atendendo á nosa propia solicitude realizada a semana pasada e á urxencia da situación xerada, e co obxecto de poder ter realizado un chamamento conxunto do Concello á cidadanía a participar na manifestación prevista de hoxe.