Tiñamos razón, pódense remunicipalizar servizos

Exterior da biblioteca municipal da Sagrada Familia, primeira biblioteca da rede creada hai 25 anos
Exterior da biblioteca municipal da Sagrada Familia, primeira biblioteca da rede creada hai 25 anos
Tiñamos razón, pódense remunicipalizar servizos

Valoramos positivamente o comezo do procedemento de remunicipalización do Servizo de Bibliotecas municipais que hoxe a mañá foi aprobado na Xunta de Goberno local. Neste sentido cúmprese o que xa viñamos dicindo: que é tecnicamente posible remunicipalizar servizos, polo que se trataba dunha cuestión de vontade política.

Co inicio da remunicipalización do Servizo de Bibliotecas confírmase que é posíbel a remunicipalización de servizos tal e como se sinalabamos

Mais tamén sinalamos que non era sen tempo que o Goberno Municipal comezara a cumprir o seu programa en materia de remunicipalizacións e lamentamos que non se fixese no seu momento coa ORA, evitando os despedimentos que se produciron logo da adxudicación, ou co Servizo de Atención ao Público dos Museos Científicos, onde o monitorado sofre a diario a vulneración dos seus dereitos fundamentais por parte da empresa adxudicataria, un servizo que o actual Goberno Municipal non remunicipalizou ao atoparse o contrato prorrogado.

Avia Veira: “Non foi sen tempo que o Goberno municipal comezase a cumprir co seu programa electoral en materia de remunicipalizacións mais lamentamos que non se fixese no seu momento coa ORA, evitando os despedimentos que se produciron, ou co Servizo de Atención ao Público dos Museos Científicos, onde o monitorado sofre a diario a vulneración dos seus dereitos fundamentais por parte da empresa adxudicataria”

Exterior da biblioteca municipal da Sagrada Familia, primeira biblioteca da rede creada hai 25 anos

Agardamos que durante o proceso que hoxe se iniciou non se cometa o mesmo erro que ao seu inicio, pois foi anunciado nos medios de comunicación, sen previo aviso nin ao Comité de Empresa, nin ás traballadoras e aos traballadores, nin ao persoal directivo das bibliotecas municipais. Parécenos importante que o Goberno municipal manteña informadas todas as partes afectadas e teñan coñecemento de primeira man de todos os pasos que se dean. Agardamos que a fin do proceso sexa positivo e que todas as expectativas que se levantaron e a decisión que se tomou non teña volta atrás.

Por último, agardamos que o proceso de remunicipalización do servizo de bibliotecas conte coa participación de todas as partes implicadas e se respecten os dereitos das traballadoras e traballadores.

 

 A Coruña, 10 de xuño de 2016

Tiñamos razón, pódense remunicipalizar servizos