Soterramento do transformador de Palavea: non era sen tempo!

Soterramento do transformador de Palavea: non era sen tempo!

A Coruña, 7 de agosto de 2014- Tivo que pasar un ano e dous meses desde as protestas veciñais e das iniciativas do BNG para que o Goberno do Sr. Negreira actuara para soterrar o transformador eléctrico do Campo da Pena, en Palavea. Porén, aínda que sexa tarde, o BNG alégrase de que por fin o Goberno municipal, despois de varias fotos en Palavea, decidira pórlle fin ao vello transformador.

Lembran as nacionalistas que o 16.06.2013, durante as festas patronais do barrio, desprendeuse unha cornisa do transformador orixinando un forte chispazo que provocou un apagón en Palavea e a suspensión da festa. Ademais, tal e como denunciaran os veciños e veciñas e o BNG, o transformador contaba con grandes fendas polas que saían chispazos cada vez que chovía. Precisamente, a veciñanza, pedíralle ao Goberno municipal unha solución, sen ter sequera ningún tipo de resposta. Posteriormente, o 26.06.2013, o BNG presentaba unha iniciativa no Concello para lle exixir ao Goberno municipal que emprazase a Fenosa a adoptar medidas.

Soterramento do transformador de Palavea: non era sen tempo!