Solucións diante do deserto industrial

Jorq ISOWat2
Protesta de ISOWAT este venres na Coruña.

O candidato nacionalista á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, apoiou este venres a protesta dos traballadores de Isowat diante da Delegación do Goberno.

Solucións diante do deserto industrial

A protesta, que se produciu mentres unha representación dos traballadores se reunía co delegado do Goberno, rematou nun corte de tráfico duns minutos na praza de Ourense.  Francisco Jorquera acudiu á convocatoria para reafirmar a postura do BNG, que enmarca a resposta das institucións ao conflito en Isowat na crecente ameaza de que a comarca da Coruña se converta “nun deserto industrial”. 

 

Hai apenas unhas semanas, o BNG levou ao Parlamento galego unha serie de iniciativas para que a Xunta de Galiza reaccione fronte a situacións como a de Alcoa, Ferroatlántica e Isowat con políticas públicas que axuden ao mantemento da actividade industrial, mesmo a través da intervención do Estado nestas empresas. 

 

Jorq ISOWat1Esta mañá, os representantes dos traballadores, declararon despois da reunión co representante gobernamental que están “fartos de promesas” e que lles digan “que hai un inversor” mentres pasan os días e “nin a Xunta nin o Goberno do PSOE en Madrid aclararan cal vai ser o futuro de Isowat. Cándido López, o presidente do comité de empresa, explicou trala reunión co Delegado do Goberno que as institucións insisten en que "hai compradores" para a planta, "pero non vemos avances e os 76 empregos seguen en risco".

 

Desde o BNG da Coruña reclámase a necesidade “dun Concello que exerza o seu liderado en defensa do emprego industrial e tamén que lidere a diversificación do tecido produtivo”, como indicou onte Jorquera nun acto con empresarios, a través “de Cidade das TIC ou da economía do mar”. 

Solucións diante do deserto industrial