CONSULTA POPULAR

Solicitamos novamente que o Goberno da Marea Atlántica realice o referendo sobre os peiraos

Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá que aprobaba a Consulta Popular
Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá que aprobaba a Consulta Popular

Reclamaremos no próximo Pleno que se realice de xeito inmediato a Consulta Popular

Rexistramos a moción presentada pola Comisión Aberta en Defensa do Común a todos os grupos municipais na que se exixe instar o Goberno do Estado a suspensión definitiva da poxa dos terreos do Campo da Estrada e do Hotel Finisterre

O novo escenario político no Estado debe significar, en coherencia coas mocións e acordos adoptados desde comezo de mandato no Concello da Coruña, un cambio nas políticas de Portos do Estado, do Ministerio de Defensa e do Ministerio de Fomento. As poxas deben ser suspendidas definitivamente e deberase promover que os terreos sexan devoltos gratuitamente á veciñanza da Coruña

Lembramos ao Executivo da Marea que a modificación do Plan a respecto dos terreos  do Hotel Finisterre e a Consulta Popular dependen exclusivamente da súa vontade

Solicitamos novamente que o Goberno da Marea Atlántica realice o referendo sobre os peiraos

Vimos de presentar esta mañá a moción (podes descargala premendo aquí) que a Comisión Aberta en Defensa do Común trasladou ao conxunto de grupos políticos na que se exixe instar o Goberno do Estado a suspensión definitiva da poxa dos terreos do Campo da Estrada e do Hotel Finisterre, ademais de volver solicitar ao Executivo da Marea Atlántica realizar de xeito inmediato a Consulta Popular aprobada en Pleno en marzo de 2017.

Lembramos que o propio alcalde sinalaba que a consulta popular se faría logo de se celebrar o Foro Cidadá “Tecendo Litoral”, realizado xa hai mes e medio, e exiximos ao Goberno da Marea executar os acordos que eles membros asinan e aproban no Pleno emprazándolle a poñer unha data inmediata para realizar esta consulta.

Do mesmo xeito esixímoslle ao Ministerio de Defensa a paralización definitiva da poxa ou venda directa das parcelas do Campo da Estrada, a devolución gratuíta ao Concello da Coruña deses terreos para uso público e instamos o Goberno municipal a que tome as medidas necesarias para evitar esa venda.

Neste sentido, onte presentabamos a alegación á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Solana solicitando a inclusión no mesmo dos terreos do Hotel Finisterre, e insistimos en reiterar a nosa oposición á especulación e venda desta instalación hostaleira mediante poxa e insta a que o Concello da Coruña esixa á Autoridade Portuaria a suspensión definitiva da mesma e á súa devolución gratuíta canda a Solana.

O novo escenario político no Estado debe significar, en coherencia coas mocións e acordos adoptados desde comezo de mandato no Concello da Coruña, un cambio nas políticas de Portos do Estado, do Ministerio de Defensa e do Ministerio de Fomento. As poxas deben ser suspendidas definitivamente e deberase promover que os terreos sexan devoltos gratuitamente á veciñanza da Coruña. Cremos necesario que, tanto o Concello da Coruña, como o novo Goberno do Estado que se conforme, actúen con contundencia, resolvan a devolución dos terreos comunais que en orixe foron cedidos polo Concello da Coruña e se censuren definitivamente todas as accións especulativas inmobiliarias ás que nos ten acostumado o estado Español a respecto de terreos de todas e de todos.

A Coruña, 6 de xuño de 2018.

 

Noticias relacionadas: