BARRIOS

Solicitamos melloras en seguridade viaria para Monte Alto e as Atochas

Cruzamento e incorporacións desde a rúa Atocha baixa e a rúa Javier Fonte á rúa Orillamar no barrio das Atochas
Cruzamento e incorporacións desde a rúa Atocha baixa e a rúa Javier Fonte á rúa Orillamar no barrio das Atochas

Preguntamos por que a concellaría de Mobilidade Sostíbel non atendeu un rogo de hai dous anos no que solicitabamos a colocación dun espello no cruzamento entre a rúa Atocha baixa, a rúa Orillamar e a rúa Javier Fonte

Queremos saber que medidas ten pensado realizar a concellaría de Mobilidade Sostíbel para a mellora da seguridade viaria nos barrios de Monte Alto e das Atochas: dada a súa configuración, existe unha serie de incorporacións e cruzamentos, no que polas súas características, sería necesaria a colocación deste tipo de espellos na procura de complementar a xa existente sinalización vertical ou horizontal e co obxecto de garantir os mínimos para unha correcta seguridade viaria

Solicitamos melloras en seguridade viaria para Monte Alto e as Atochas

Vimos de presentar esta mañá unha iniciativa (podes descargala premendo aquí) na que nos interesamos polas medidas que en materia de seguridade viaria se están levando a cabo por parte do Goberno municipal para os barrios de Monte Alto e as Atochas.

Deste xeito, recuperamos unha iniciativa realizada por nós, hai xa máis de dous anos, na que solicitabamos a colocación dun espello no cruzamento entre a rúa Atocha baixa, a rúa Orillamar e a rúa Javier Fonte, e que aínda non foi atendida pola concellaría de Mobilidade Sostíbel, esixindo do Executivo local resposta a por que non se atendeu e se non considera necesaria a colocación deste complemento de seguridade na incorporación sinalada.

Asemade, tamén trasladamos nesta iniciativa exemplos de puntos que pola propia configuración destes barrios, consideramos sensíbeis, e os que a área de mobilidade debería cuantificar e estar facendo seguimento ademais de formular as melloras necesarias para a unha correcta seguridade viaria.

Queremos saber que medidas ten pensado realizar a concellaría de Mobilidade Sostíbel para a mellora da seguridade viaria nos barrios de Monte Alto e das Atochas: dada a súa configuración, existe unha serie de incorporacións e cruzamentos, no que polas súas características, sería necesaria a colocación deste tipo de espellos na procura de complementar a xa existente sinalización vertical ou horizontal e co obxecto de garantir os mínimos para unha correcta seguridade viaria.

A Coruña, 20 de novembro de 2017.