ESTACIÓN DE AUTOBUSES

A situación da Estación de Autobuses poderíase ter evitado

Exterior da Estación de Autobuses no seu acceso desde a rúa Alcabaleiros
Exterior da Estación de Autobuses no seu acceso desde a rúa Alcabaleiros

Lembramos que foi o propio Goberno da Marea Atlántica quen desestimou unha das nosas emendas aos orzamentos municipais 2018 para a reparación do pavimento da Estación de Autobuses

Presentaramos a proposta dunha partida de 100.000 euros despois de recoller as queixas de varias persoas usuarias que a aquela altura xa tiñan indicado o estado do deterioro de varias plataformas da estación

Cada día que pasa se evidencia máis que as nosas propostas estaban debidamente xustificadas. Agora o investimento para a reparación superará olgadamente a reparación, cando nós faciamos unha proposta para que isto non chegara a acontecer. Lamentamos profundamente o trastorno que se vai a producir  tantos ás usuarias e aos usuarios da Estación como aos profesionaisdo transporte público mentres permanezan pechadas as plataformas dos buses

A situación da Estación de Autobuses poderíase ter evitado

Despois do afundimento do pavimento da Estación de Autobuses, que deu lugar ao peche de canto menos 6 plataformas, lembramos que foi o propio Goberno da Marea Atlántica quen desestimou unha das nosas emendas aos orzamentos municipais 2018 precisamente para a reparación do pavimento desta infraestrutura.

Recordamos que entre as emendas presentadas aos orzamentos municipais de 2018 (podes velas premendo aquí) presentababamos a proposta de investimentos, cunha asignación de 100.000 euros, á reparación do pavimento da Estación de Autobuses, no epígrafe 41. Mobilidade Sostíbel-Administración Xeral do Transporte: Investimentos en reposición de edificios e outras construcións, xa que logo, á aquela altura xa tiñan recollido as queixas de varias persoas usuarias desta infraestrutura a respecto do estado de deterioro evidente que existía na pavimentación.

Cada día que pasa se evidencia máis que as nosas propostas aos orzamentos municipais estaban debidamente xustificadas. Agora o investimento para a reparación superará olgadamente a reparación, cando nós faciamos unha proposta para que isto non chegara a acontecer. Lamentamos profundamente o trastorno que se vai a producir tantos ás usuarias e aos usuarios da Estación como aos profesionaisdo transporte público mentres permanezan pechadas as plataformas dos buses.

A Coruña, 5 de abril de 2018.