FEMINICIDIO

Sentir unánime: débense reforzar os servizos xudiciais contra o Feminicidio

Momento en que varias mozas e mozos se achegaron á nosa carpa a asinar os pregos
Momento en que varias mozas e mozos se achegaron á nosa carpa a asinar os pregos

Continuamos coa campaña de recollida de sinaturas para solicitar que o Xulgado de Violencia Machista non peche en agosto

A recollida de sinaturas que comezou hai un mes levounos, desta volta, durante toda a tarde deste mércores, ao pé do Obelisco

Xa estivemos na Agra do Orzán e en Monte Alto, onde a resposta da veciñanza é unánime: non é comprensíbel que nun ámbito tan importante como é o da loita contra a violencia de xénero non haxa un ou unha xuíza substituta para manter abertos os xulgados os doce meses do ano. O Feminicidio non se toma vacacións polo que os medios para loitar contra este deben ser efectivos os 365 días do ano

Sentir unánime: débense reforzar os servizos xudiciais contra o Feminicidio

Continuamos coa campaña de recollida de sinaturas para solicitar que o Xulgado de Violencia Machista non peche en agosto.

Deste xeito, e durante a tarde deste mércores na zona dos Cantóns, ao pé do Obelisco, seguemos a demandar que o Xulgado especializado non peche nos meses de verán porque o seu titular colla o seu tempo de lecer e que se produza, o que so podemos cualificar como unha  situación inconcibíbel, cuns medios xudiciais baixo mínimos e os xulgados pechados por vacacións.

Xa o indicabamos no comezo da campaña: estamos en contra da decisión do Ministerio de Xustiza do Estado Español de non substituír o xuíz titular de Violencia sobre a Muller da Coruña nas súas vacacións por falta de orzamento porque supón abandonar as vítimas de violencia de xénero deixando que os seus casos sexan levados por unha xuíza ou xuíz de garda, sen de formación específica en materia de violencia machista, que ten que compatibilizar as súas tarefas habituais coas do xulgado específico de Violencia sobre a Muller. É inconcibíbel.

Así seguiremos levando polos barrios e polas rúas da cidade, e do País, esta campaña, no que entre os seus obxectivos tamén se solicita que a propia Xunta de Galiza realice as xestións oportunas e esixa que o Ministerio de Xustiza garanta a substitución dos e das profesionais da xustiza nos xulgados específicos de Violencia sobre a Muller cando sexa preciso e que reforce este xulgado para garantir a atención xudicial en igualdade de condicións para as vítimas de violencia machista.

Xa estivemos na Agra do Orzán e en Monte Alto, onde a resposta da veciñanza é unánime: non é comprensíbel que nun ámbito tan importante como é o da loita contra a violencia de xénero non haxa un ou unha xuíza substituta para manter abertos os xulgados os doce meses do ano. O Feminicidio non se toma vacacións polo que os medios para loitar contra este deben ser efectivos os 365 días do ano.

A Coruña, 28 de setembro de 2017.

 

Noticias relacionadas.

Sentir unánime: débense reforzar os servizos xudiciais contra o Feminicidio