Un rogo para o Concello eliminar o vertedoiro ilegal de pneumáticos de Penamoa

Foto: La Opinión
Foto: La Opinión
Vaino defender no Pleno do vindeiro 2 de xullo o portavoz do BNG, Francisco Jorquera. Neste momento, segundo as investigacións desenvolvidas por axentes do Seprona, existe un vertedoiro con máis de 750 pneumáticos nunha zona de monte baixo en Penama onde, apunta o voceiro nacionalista, "dende finais de 2018 era habitual o abandono deste tipo de residuos para seren, moitas veces, queimados pola noite".
Un rogo para o Concello eliminar o vertedoiro ilegal de pneumáticos de Penamoa

Esta práctica irregular ten provocado algúns incendios que "mesmo nalgún caso chegaron a afectar máis dunha hectárea de terreo".

As pesquisas resultaron na identificación de tres presuntos responsábeis, na instrución das correspondentes denuncias e na posta en coñecimento dos feitos ante a Fiscalía de Medio Ambiente "por se puidesen ser constitutivos dun delito contra o medio ambiente".

Mais, e a pesar de a investigación ter concluído o pasado mes de maio, o certo e que a estas alturas aínda non se ten desmantelado este vertedoiro ilegal, o que leva o BNG a trasladar este asunto en forma de rogo ao Pleno do vindeiro xoves 2 de xullo, Con esta iniciativa o BNG insta o Goberno Local a que se retiren os pneumáticos e se proceda á limpeza do terreo.

 

Un rogo para o Concello eliminar o vertedoiro ilegal de pneumáticos de Penamoa