REXENERACIÓN URBANA

Revisaranse todas as vivendas mercadas polo Concello

Exterior da complexo de vivendas na rúa Joaquín Martín onde se atopa o piso comprado polo Concello
Exterior da complexo de vivendas na rúa Joaquín Martín onde se atopa o piso comprado polo Concello

Tal e como propuximos na Comisión de Rexeneración Urbana, finalmente o Goberno municipal revisará o proceso do concurso de compra de vivendas 

Mantemos que esta revisión é precisa porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia

Manterémonos vixilantes para que a revisión se produza en aplicación axeitada das bases que rexeron o concurso e demandaremos información sobre os pasos que se vaian seguindo 

Revisaranse todas as vivendas mercadas polo Concello

Tal e como propuxemos na Comisión de Rexeneración Urbana, finalmente o Goberno municipal revisará o proceso do concurso de compra de vivendas.

Nada máis comezar a Comisión de Rexeneración Urbana propuxemos a revisión do proceso do concurso e aínda que o Goberno nesa comisión non concretou se o faría ou non, na Comisión de Transparencia, que tivo lugar posteriormente, manifestou que revisaría o proceso do concurso de compra de vivendas.

Mantemos que esta revisión é precisa porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou axeitadamente as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia.

Por último, tamén manterémonos vixilantes para que a revisión do proceso se produza para a aplicación axeitada das bases que rexeron o concurso e demandarán información sobre os pasos que se vaian seguindo.

A Coruña, 21 de febreiro de 2018.

 

Noticias relacionadas: