BARRIOS

Reunímonos coa Asociación Veciñal de Monte Alto

Momento da reunión con Alberte Fernández, presidente da A.VV. Monte Alto
Momento da reunión con Alberte Fernández, presidente da A.VV. Monte Alto

A nosa portavoz Avia Veira e o presidente da entidade Alberte Fernández aproveitaron o encontro para falar sobre a situación xeral do barrio e, de xeito máis pormenorizado, entre outros temas, do convenio anual da biblioteca, de mobilidade, dos solares abandonados, de limpeza e hixiene e da situación na contorna da Torre de Hércules

A suspensión da Comisión de Facenda de onte e que non haxa a curto prazo previsión para a aprobación dos orzamentos de 2017 implica que moitas actuacións e intervencións nos barrios se vexan comprometidas, así como os convenios con entidades, que necesitan que se lles garantan eses ingresos se non queren ver paralizadas as súas actividades. Todo isto son consecuencias de que o Goberno local, malia de laiarse de non ter orzamentos, non ten unha estratexia que implique diálogo e eficacia para levar adiante as contas a estas alturas de ano

Reunímonos coa Asociación Veciñal de Monte Alto

Vímonos de nos reunir coa Asociación Veciñal de Monte Alto, nos locais da biblioteca situados na rúa Torre, despois de que a entidade veciñal nos solicitara manter esta reunión.

Na mesma, Avia Veira, xunto co presidente da entidade veciñal, Alberte Fernández, fixeron un repaso xeral da situación na que se atopa o barrio de Monte Alto, deténdose, nomeadamente, e entre outros temas, na renovación do convenio anual da biblioteca do barrio, a mobilidade, os solares abandonados, de limpeza e hixiene e da situación na contorna da Torre de Hércules.

Deste xeito, e a respecto do convenio anual que a entidade veciñal asina co Concello da Coruña para preservar os servizos que se prestan a través da biblioteca do barrio, o representante veciñal amosounos a súa preocupación xa que logo aínda non se ten efectivizado e o Goberno municipal  tampouco lle ten notificado os prazos para proceder a asinalo, polo que de persistir esta situación no tempo en vindeiros meses non se podería garantir, nas mesmas condicións como até o de agora, o mantemento deste servizo.

Asemade, outro dos temas que tamén foi tratado foi a mobilidade e a falla dun plano de percorridos dos servizos do trasporte do bus, e que garantan o servizo a determinadas zonas da cidade, como o servizo ao CHUAC ou ao Teresa Herrera, demanda histórica da Asociación e que ven reclamando desde hai varios mandatos.

Por outra banda, o abandono de solares tamén ocupou parte do encontro. Na actualidade, explicáronnos desde a entidade asociativa, existe moitos solares abandonados no barrio de Monte Alto, poñendo como exemplo o situado en plena rúa da Torre a altura do número 47, esquina rúa Pintor Román Navarro. Esta circunstancia, explican os veciños, dá lugar a problemas de limpeza e hixiene sendo numerosa veciñanza quen lles traslada queixas a respecto desta situación, polo que esixen unha actuación contundente cos propietarios para eliminar os focos de infección que se nestes lugares comezan a darse.

Tamén a situación da contorna da Torre de Hércules foi obxecto de debate na xuntanza, xa que logo a entidade veciñal informounos a situación que se dá os fines de semana co aparcamento irregular de moitos vehículos, así como a falta de roza de espazos verdes en moitas das zonas preto do monumento patrimonio da humanidade.

Finalmente, e despois de recoller todas as súa achegas e demandas comprometémonos trasladar ao Concello distintas iniciativas para concretar que actuacións está realizando o Goberno municipal a respecto de todas estas problemáticas.

A suspensión da Comisión de Facenda de onte e que non haxa a curto prazo previsión para a aprobación dos orzamentos de 2017 implica que moitas actuacións e intervencións nos barrios se vexan comprometidas, así como os convenios con entidades, que necesitan que se lles garantan eses ingresos se non queren ver paralizadas as súas actividades. Todo isto son consecuencias de que o Goberno local, malia de laiarse de non ter orzamentos, non ten unha estratexia que implique diálogo e eficacia para levar adiante as contas a estas alturas de ano.

A Coruña, 25 de abril de 2017