PREGUNTA POR ESCRITO DE FRANCISCO JORQUERA

Que medios puxo o Concello a dispor do persoal que teletraballa?

Nunha pregunta por escrito ao Goberno Local, que achegamos, o noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera, denuncia que durante a pandemia "moitas persoas pertencentes ao cadro persoal do Concello e que se viron na necesidade de teletraballar tiveron que usar os seus propios equipos e os seus propios servidores de acceso a Internet ante a insuficiencia de medios do Concello".
Que medios puxo o Concello a dispor do persoal que teletraballa?

Esta insuficiencia tería levado a que no chamado PRESCO ou Plan de Choque acordado polo conxunto de grupos municipais con presenza na Corporación se contemplase a provisión dunha dotación económica de 840 mil euros para o desenvolvemento dun Programa de Modernización Tecnolóxica e Transición Dixital do Concello da Coruña.

Neste sentido, Jorquera vén de rexistrar unha iniciativa para saber cales son os principais obxectivos dese programa de modernización e que medios se vai pór a disposición do persoal do Concello que aínda a día de hoxe continúa a teletraballar.

"Ten previsto o Concello fornecer de equipos informáticos ao persoal do Concello que desenvolve as súas tarefas mediante teletraballo?", inquírelle Jorquera ao executivo coruñés, ao que lle pide tamén que provexa tamén a estas traballadoras de acceso a Internet.

Que medios puxo o Concello a dispor do persoal que teletraballa?