BARRIOS

Queremos que se aproveiten as obras da rúa da Torre para soterrar os cables

Imaxe da maraña de cables nun poste na rúa da Torre preto da súa confluencia co Campo da Leña
Imaxe da maraña de cables nun poste na rúa da Torre preto da súa confluencia co Campo da Leña

Levaremos unha iniciativa ao Pleno ordinario de maio para o soterramento das liñas de cables da rúa da Torre

Instamos ao Executivo Local, aproveitando a actuación de reforma de mobilidade e accesibilidade que se está efectuando nesta rúa, que exixan ás compañías instaladoras o soterramento de todos os cables que hoxe en día teñen unha colocación aérea en superficie nas edificacións

Queremos que se aproveiten as obras da rúa da Torre para soterrar os cables

Vimos de presentar unha iniciativa (podes descargala premendo aquí) para a súa exposición no vindeiro Pleno ordinario de maio na que solicitaremos o soterramento das liñas de cable da rúa da Torre.

Precisamente os tramos da rúa da Torre que son obxecto da actuación son un exemplo práctico na nosa cidade da colocación de cables de todo tipo (electricidade, telefonía, redes etc) en superficie, a través de fachadas, con prolongación aérea, e mesmo existindo na actualidade postes que soportan entramados e marañas de xeito moi precario.

Cremos que a obra significa unha oportunidade para poder soterrar todos os cables que hoxe en día existen nesta rúa, redundando no fundamento da obra que se está realizando: a rexeneración e rehabilitación urbana, facendo moito máis humana a zona.

Deste xeito, instaremos a concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda do Goberno municipal, que no proxecto de reforma da mobilidade e da accesibilidade que se están facendo da rúa da Torre, no tramo comprendido entre a rúa Manuel Curros Enríquez e a rúa Marconi e o Campo da Leña, obrigue ás compañías instaladoras e propietarias do cable ao soterramento das liñas que hoxe en día teñen unha colocación aérea en superficie nas edificacións.

A Coruña, 20 de abril de 2018

Queremos que se aproveiten as obras da rúa da Torre para soterrar os cables