MOBILIDADE

Propoñemos melloras en mobilidade para peóns na rotonda inferior da ponte da Pasaxe

Paso que se debe cruzar en dous tramos e que carece de beirarrúa poñendo en perigo ás/aos peóns
Paso que se debe cruzar en dous tramos e que carece de beirarrúa poñendo en perigo ás/aos peóns

Despois de visitar a zona xunto con veciñanza de Pedralonga propoñemos a construción dunha beirarrúa nun paso de dous tramos regulado semaforicamente que na actualidade carece de plataforma para peóns tendo que agardar estes a preferencia de paso na propia calzada

Tamén demandamos o repintado das sinalizacións horizontais, nomeadamente os pasos para peóns, moi desgastadas e case inindentificábeis desde os vehículos

Propoñemos melloras en mobilidade para peóns na rotonda inferior da ponte da Pasaxe

Vimos presentar esta mañá unha iniciativa (que podes descargala premendo aquí) na que demandamos melloras en mobilidade para peóns na rotonda inferior da ponte da Pasaxe.

A semana pasada visitamos a zona xunto con veciñanza de Pedralonga, comprobaron in situ como unha zona de paso, na propia rotonda inferior que regula o tráfico baixo a ponte, carece de plataforma para peóns, obrigando a cruzar indebidamente, por unha zona potencialmente perigosa.

O paso debe realizarse en dous tramos sinalados semaforicamente, semáforos que por certo deben ser activados para permitir o paso, o que supón que entre que se cruza o primeiro tramo e se agarda para poder acceder ao segundo, as e os peóns deben permanecer na calzada mentres os coches circular a escasos metros. Cremos necesario que se constrúa de xeito inmediato unha beirarrúa en plataforma para garantir a seguridade en todo momento das persoas usuarias deste cruce.

Deste xeito, mediante esta iniciativa solicitamos que se realicen as xestións necesarias para a construción deste tramo de beirarrúa.

Asemade, na mesma iniciativa exiximos o repintado de toda a sinalización horizontal da zona xa que se pode observar  un deterioro evidente da mesma.

Nomeadamente os pasos para peóns, así como outro tipo de sinalizacións, como o da propia plataforma indicadora de incorporación de carrís, case están totalmente esvaecidas e moi desgastadas, e non se aprecian desde os vehículos que circulan por este cruzamento, polo que tamén cómpre facer un repintado urxente de toda esta zona. Cremos que todas as actuacións que demandamos nesta iniciativa deben ser solucionadas a maior brevidade e o Goberno municipal debe facer o que estea na súa man para mellorar a mobilidade peonil nesta zona da cidade.

A Coruña, 4 de xullo de 2018.