PREGUNTAS ORAIS

As preguntas orais de febreiro: modificativo para entidades, renda social e emerxencia e transparencia

Vista panorámica dunha sesión do Pleno do Concello da Coruña
Vista panorámica dunha sesión do Pleno do Concello da Coruña

Advirtimos que o máis que probábel rexeitamento da proposta de orzamentos non debe impedir garantir as axudas e convenios que se asinan con asociacións “xa que logo pode poñer en risco as actuacións e actividades que estes colectivos realizan todos os días na cidade e mesmo a continuidade dalgunha entidade”

As preguntas orais de febreiro: modificativo para entidades, renda social e emerxencia e transparencia

En primeiro lugar queremos trasladar a nosa preocupación pola situación das entidades ante o máis que probábel rexeitamento da proposta de orzamentos municipais e que, en consecuencia, obrigará a seguir prorrogando os orzamentos de 2018 durante este ano.

lembramos que isto dará lugar a que unha situación de incerteza para cos colectivos que anualmente asinan convenios co Concello e dos cales derívanse axudas e subvencións coas que realizan as actividades que programan.

Xa temos amosado publicamente a nosa inquedanza a este respecto e mesmo no anterior Pleno de xaneiro aprobouse unha moción na que se demandaba do Goberno municipal tramitar con urxencia este modificativo, mais a aposta do Executivo é fialo todo á aprobación da súa proposta de orzamentos municipais para 2019 cando non ten chegado a ningún acordo para que isto aconteza. Neste sentido debemos garantir a continuidade das axudas que todos os anos reciben múltiples asociacións xa que logo pode poñer en risco as actuacións e actividades que estes colectivos realizan todos os días na cidade e mesmo a continuidade dalgunha entidade.

As ordenanzas da Renda Social e de Emerxencia

Outra das preguntas que trasladamos pretende poñer en evidencia as incompatibilidades entre a aplicación da ordenanza da Renda Social e a ordenanza de Emerxencia Social.

Neste sentido, vimos reivindicando ao longo deste mandato a reforma da ordenanza da Renda Social Municipal xa que logo, en aplicación de varios apartados desta regulamentación, impídese ser beneficiario da mesma en determinados supostos cando se está en situacións recollidas baixo a ordenanza da Emerxencia Social. Do mesmo xeito, seguimos pensando que a ordenanza da Renda acolle supostos que son moi difíciles de cumprir, como son aqueles relativos ao acceso a unha vivenda ou as situacións recollidas a respecto das unidades de convivencia, e que deben ser modificados, ou canto menos, levado de novo a estudo, entre outras cuestións, e, en consecuencia, queremos que a Área de Xustiza Social nos aclare se ten pensado impulsar a modificación destas ordenanzas “

A elaboración dunha ordenanza de Transparencia

Por último, preguntaremos se o Goberno local ten pensado aprobar antes do remate do mandato unha ordenanza de Transparencia.

Foi a propia a Marea Atlántica a que sinalaba, no programa co que se presentou ás eleccións municipais de 2015, o obxectivo da transparencia total. Publicación da información do Concello de xeito continuo: contas, axendas, concursos, axudas, contratos etc, “mais iso aínda non se concretou na elaboración dunha ordenanza que faga cumprir efectivamente o compromiso ineludíbel de calquera goberno municipal, alén do presente mandato, de ter unha práctica transparente e que lle obrigue a render contas a respecto de todos os procedementos e actuacións que realiza no seu labor. Pretendemos que a Marea Atlántica explique, se antes de maio, elevará a trámite unha regulamentación a este respecto”, conclúe a portavoz nacionalista Avia Veira.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019.