Preguntamos pola adaptación da pasarela peonil da Rolda de Outeiro

Preguntamos pola adaptación da pasarela peonil da Rolda de Outeiro

A Coruña, 9 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal do BNG ven de rexistrar esta mañá varias preguntas para a súa resposta escrita co obxecto de coñecer se o Goberno Municipal ten pensado realizar algunha actuación a respecto da pasarela da rolda de Outeiro a altura da Sagrada Familia, e que non está adaptada para persoas con diversidade funcional.

O Grupo Municipal do BNG rexistra varias preguntas para a súa resposta escrita sobre da pasarela da rolda de Outeiro para a adaptación do seu uso para persoas con diversidade funcional

No tramo que comprende desde o número 178, á altura do cruce coa rúa Nosa Señora de Fátima, até o número 216, á altura do cruce coa rúa San Isidoro, só existe un paso habilitado para o cruce entre as dúas beirarrúas da rolda de Outeiro, esta é a pasarela de uso peonil que comunica a rúa Pasteur coa rúa Nosa Señora da Luz.

Nun tramo de 300 metros non existe posibilidade de cruzar a rolda de Outeiro, sinalan as nacionalistas

Nueva imagenEn todo o tramo de 300 metros aproximadamente, non existe ningún outro paso. O acceso desde a rúa Nosa Señora da Luz, non está adaptado para persoas con diversidade funcional ou para carros de crianzas, obrigando as persoas a se ter que desprazar até os cruces arriba indicados para poder atravesar a rolda de Outeiro, sinalan as nacionalistas.

Na actualidade é imposíbel acceder a esta pasarela desde a rúa Nosa Señora da Luz na zona da Sagrada Familia

Deste xeito, o BNG pregunta se o Goberno municipal é coñecedor desta situación, as actuacións que ten previsto realizar para solucionar o problema evidente de accesibilidade que presenta a pasarela peonil e que prazos se marca o Goberno municipal para solucionar este problema.

Preguntamos pola adaptación da pasarela peonil da Rolda de Outeiro