CONCELLARÍA DE CULTURA

Un plan de formación dirixido a axentes e emprendedores culturais en Galiza sen profesionais galegos

Actuación dun grupo musical de base
Actuación dun grupo musical de base

Queremos que o Goberno municipal aclare se para estas xornadas formativas entende que non hai profesionais capacitados no pais do ámbito dos obradoiros programados así como se terán o seu correspondente recoñecemento oficial

Nestes obradoiros, segundo o seu programa, tampouco se incluíron contidos complementares que busquen a adecuación da formación á realidade administrativa e económica da cultura galega en todos os seus ámbitos (produción e distribución cultural, innovación, comunicación etc), cuestión clave xa que logo é a realidade de cotío no desenvolvemento laboral dos profesionais deste sectores. E queremos saber o por que

Un plan de formación dirixido a axentes e emprendedores culturais en Galiza sen profesionais galegos

Presentamos por rexistro unha serie de preguntas (preme aquí para velas) solicitando aclaracións do Goberno municipal a respecto do plan de formación dirixido a axentes e emprendedores culturais que comeza a desenvolverse mañá no Ágora.

Deste xeito, trasladamos esta iniciativa xa que logo estas xornadas, que teñen por obxecto, segundo a propia información que se amosa na páxina web do concello e nos folletos informativos que a publicitan, o refrescar e ampliar os coñecementos no desenvolvemento do traballo de profesionais que se dedican ás artes escénicas, musicais ou audiovisuais, van ser realizadas por profesionais de Xixón, Barcelona, Madrid e Valencia, cando en Galiza hai especialistas impartindo contidos similares, xa que logo está contrastado a alto nivel de capacitación no pais, chegando a haber na USC un Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural.

Asemade, tamén existen, no mundo cooperativo galego, magníficos profesionais de contrastada traxectoria nos campos obxecto de materia destes obradoiros, polo que queremos que o Executivo local nos aclare se entende que non hai profesionais capacitados no país. Asemade, nestas xornadas, segundo o seu programa, tampouco se incluíron contidos complementares que busquen a adecuación da formación á realidade administrativa e económica da cultura galega en todos os seus ámbitos (produción e distribución cultural, innovación, comunicación etc), cuestión clave xa que logo é a realidade de cotío no desenvolvemento laboral dos profesionais deste sectores. E queremos saber o por que.

Por último, tamén na mesma iniciativa, preguntamos se estas xornadas terán recoñecemento oficial para as persoas inscritas, se poderían terse inscrito persoas en situación de desemprego e a canto ascende o custo total de cada obradoiro.

A Coruña, 2 de maio de 2017