EIDUS

O Plan EIDUS coas nosas achegas acada os 15 millóns de euros

Exterior da estación de San Cristovo
Exterior da estación de San Cristovo

Toda A Coruña está de parabéns pola selección da Estratexia DUSI que inclúe propostas do BNG para mellorar a mobilidade en clave metropolitana e para a rexeneración dos barrios

Agardamos  que se cumpra co falado na Comisión Especial do EIDUS de cara a poder participar todos os grupos no deseño e no seguimento dos proxectos concretos derivados da estratexia

O Plan EIDUS coas nosas achegas acada os 15 millóns de euros

A Coruña está de parabéns pola selección da Estratexia DUSI que inclúe propostas do BNG para mellorar a mobilidade en clave metropolitana a respecto de implementar a “optimodalidade” e o transporte en diferentes medios de locomoción: bus, tren de proximidade e barco mais tamén a respecto de mellorar os barrios potenciando e rexenerando os espazos de relación social xa existentes apostando pola mobilidade a pé entre eles.

Agardamos que, de aquí en diante, se cumpra co falado e acordado na Comisión Especial do EIDUS de cara a poder participar todos os grupos no deseño e seguimento dos proxectos concretos derivados da estratexia.

Por último consideramos que é preciso poñerse a traballar con dilixencia e axilidade para poñer en marcha estes proxectos.

A Coruña, 22 de maio de 2017

 

Artigos relacionados: