PLENO EXTRAORDINARIO ESTE XOVES A PARTIR DAS 12.30 HORAS

Perante a demagoxia fiscal do PP, propomos axudas á hostelaría após falar con representantes do sector

FJ con hosteleiros
FJ con hosteleiros
O BNG vai defender no Pleno extraordinario deste xoves 10D –convocado a pedimento do PP- que en 2021 o Concello exima totalmente os locais de hostalaría do pagamento de taxas durante o tempo que durasen os peches que puider haber a consecuencia da pandemia.
Perante a demagoxia fiscal do PP, propomos axudas á hostelaría após falar con representantes do sector

No caso de os locais se veren obrigados a aplicar limitacións no seu horario de apertura ao público, o BNG avoga por que a exención de taxas sexa proporcional ás “restricións horarias e de capacidade que se establecesen”.

Así o defende a formación nacionalista nunha emenda de substitución á proposta de modificación das Ordenanzas Fiscais para o exercicio 2021 rexistrada polo PP e que dá lugar a este Pleno extraordinario.

O BNG fai esta proposta após o portavoz nacionalista, Francisco Jorquera, manter esta mañá en María Pita un diálogo con representantes do sector da hostalaría.

A resolución que o BNG vai someter á consideración do Pleno indica que o Concello establecerá mecanismos “que faciliten que estes beneficios fiscais teñan unha repercusión inmediata nas beneficiarias e beneficiarios”.

A exención, por tanto, ten de obrar efectos inmediatos, non como veu acontecendo este ano, en que primeiro o Concello cobraba as taxas e logo en teoría devolvía o diñeiro ás hostaleiras e hostaleiros. Este sistema caracterízase pola lentitude na tramitación das devolucións, alén do feito de que non poucos titulares de locais e negocios mesmo ignoraban que tiñan dereito ás bonificacións.

SOBRE O PRESCO

A emenda do BNG pídelle tamén ao Goberno Local que estableza mecanismos que aseguren a execución total das axudas contempladas no PRESCO e que inicie de inmediato, en diálogo cos sectores afectados e os grupos municipais, “os traballos para a elaboración e aprobación dun novo PRESCO con vixencia ao longo do exercicio 2021”.

A exención, por tanto, ten de obrar efectos inmediatos, non como veu acontecendo este ano, en que primeiro o Concello cobraba as taxas e logo en teoría devolvía o diñeiro ás hostaleiras e hostaleiros

Por último, o BNG defende que se constitúa unha Mesa de Diálogo con comercio e hostalaría “para avaliar o desenvolvemento do PRESCO e recoller as súas propostas e suxestións cara á implantación de novas medidas”.

DEMAGOXIA FISCAL DO PP

Para Jorquera, no Pleno deste xoves vai ficar patente a “demagoxia fiscal” do PP. A formación conservadora defende exencións fiscais na Coruña, mais logo non as aplica nos orzamentos da Xunta para 2021, onde non aparecen rebaixas relevantes.

Jorquera cualifica de “demagoxia fiscal” a actitude do PP ao propor exencións no Concello “cando apenas as inclúe nos orzamentos da Xunta”

“A hostalaría fechou por decisión da Xunta, porén a Administración galega apenas orzamenta axudas para o sector. Pura demagoxia fiscal”, reitera o portavoz nacionalista.

Perante a demagoxia fiscal do PP, propomos axudas á hostelaría após falar con representantes do sector