Pedímoslle a Inés Rey que inicie "negociacións" con Defensa para reverter a venda dos soares da Maestranza

Un dos soaeres propiedade de Defensa
Un dos soaeres propiedade de Defensa
Inés Rey debe iniciar "negociacións políticas" de inmediato co Goberno do Estado para intentar reverter a operación de venda de dous soares da Maestranza recentemente consumada polo Ministerio de Defensa. Así o dixo este luns Francisco Jorquera nunha tertulia en Intercoruna.
Pedímoslle a Inés Rey que inicie "negociacións" con Defensa para reverter a venda dos soares da Maestranza

"Por difícil que sexa, hai que intentalo. A venda destes terreos é un mala noticia para a cidade. Son terreos que eran comunais, propiedade de todas as coruñesas e coruñeses, dos que se apropiou o Estado para usos militares. Hai pronunciamentos do Concello, xa desde o século XIX, para tentar recuperalos para o público. Sen ir máis lonxe o pasado xoves o Concello aprobou por unanimidade unha moción do BNG en que se instaba o Goberno do Estado a que se cedesen ao Concello terreos ou edificios estatais que se achan en desuso", dixo o portavoz do BNG en María Pita.

"O Ministerio de Defensa prima o interese especulativo en vez do social. E hai responsábeis desta situación", dixo en alusión ao convenio asinado con Defensa en 2004 polo daquela alcalde Francisco Vázquez.

Canto á alternativa que defende o BNG para estes soares, o portavoz nacionalista afirmou que debe ser produto "dun diálogo entre o Concello e a veciñanza". Mais na contorna da Cidade Vella é especialmente notoria a necesidade de aumentar as zonas verdes e os equipamentos públicos, ben como a posta en valor dunha área que posúe un alto valor patrimonial coa presenza de valiosos restos arqueolóxicos das murallas da cidade.