Por que se pechou a Biblioteca Municipal de Durán Loriga?

Por que se pechou a Biblioteca Municipal de Durán Loriga?

A Coruña, 14 de outubro de 2015.- O BNG rexistou esta maña varias preguntas relativas aos motivos do peche da Biblioteca Municipal Durán Loriga pola celebración dun acto da campaña institucional “A Porta Aberta”. Deste xeito, as nacionalistas queren saber do Goberno da Marea Atlántica a xustificación do por que a Biblioteca Municipal Durán Loriga estivo pechada durante a celebración o martes 13 de outubro, desde as 18.00 h, e se está debidamente xustificado que non se puideran prestar os servizos desta instalación municipal.

O BNG rexistrou hoxe varias preguntas para a súa resposta escrita no próximo pleno relativas ao peche da Biblioteca Municipal Durán Loriga pola celebración nas súas instalacións da campaña “A Porta Aberta”

Así mesmo, inquírelle ao Goberno Municipal sobre se ten pensado actuar do mesmo xeito noutras instalacións municipais para a celebración dalgún outro acto desta ou de calquera outra campaña institucional ou de celebrarse ese mesmo acto nun centro cívico de similares características dotacionais que a Biblioteca Municipal de Durán Loriga, se se tería procedido de igual forma pechándose o acceso aos seus servizos.

Trasládalle ao Goberno Municipal cuestións relativas a se as persoas usuarias dos servizos da biblioteca foron avisadas en tempo e forma ou de se celebrar actos parecidos noutras instalación municipais actuaría do mesmo xeito

Por último, o BNG tamén traslada como pregunta para a súa resposta escrita se as e os usuarios da Biblioteca Municipal Durán Loriga foron debidamente avisados, tanto en tempo como en forma, de que os servizos da biblioteca non ían estar operativos durante as horas e o día en cuestión.

Por que se pechou a Biblioteca Municipal de Durán Loriga?