Por que pecha a Biblioteca de Estudos Locais as tardes do 21, 22 e 23 de marzo?

Anuncio do peche no facebook da Biblioteca no horario de tarde na pasada Semana Santa
Anuncio do peche no facebook da Biblioteca no horario de tarde na pasada Semana Santa
Por que pecha a Biblioteca de Estudos Locais as tardes do 21, 22 e 23 de marzo?

A Coruña, 21 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal do BNG tivo coñecemento a través das redes sociais que a Biblioteca de Estudos Locais pechará as tardes dos días 21, 22 e 23 de marzo por falta de persoal.

As nacionalistas critican que a Biblioteca de Estudos Locais, con 60.000 exemplares e unha das máis importantes da cidade, peche por non prever falta de persoal

As nacionalistas sinalan que esta biblioteca é a única especializada das de titularidade municipal, concretamente na conservación documental polo que nela se almacenan todo tipo de publicacións relacionadas coa cidade da Coruña, así como destacadas obras da literatura galega, asemade de contar na actualidade con 60.000 exemplares, polo que están depositados documentos únicos, e que conta cunha hemeroteca microfilmada, sendo unha das bibliotecas máis importantes da cidade.

O BNG pregúntalle ao Executivo local sobre o seu peche polas tardes dos días 21, 22 e 23 de marzo

peche_biblio_estudos_locais

É por isto que o Bloque non entende que esta biblioteca se peche por non preverse a falta de persoal para a súa atención, polo que esta mañá rexistrou unha batería de preguntas interesandose polo motivos deste peche, especialmente polos motivos concretos desta falta de persoal.

Deste xeito, o Grupo Municipal do BNG pregúntalle ao Goberno municipal se cre procedente que unha biblioteca destas características poda estar pechada durante as tardes dos días 21, 22 e 23, con canta antelación soubo que non habería persoal para abrir a biblioteca estes días, se o Executivo local barallou algunha medida alternativa a este peche e que medidas pensa o Goberno municipal adoptar para que esta situación non volva a ocorrer no futuro.

 

Preme aquí para ver as preguntas rexistradas.

Enlace do facebook de Bibliotecas Municipais anunciando o peche: https://www.facebook.com/bibcoruna/photos/a.90906862513.89949.61096262513/10153479656497514/?type=3&theater

 

Por que pecha a Biblioteca de Estudos Locais as tardes do 21, 22 e 23 de marzo?