TORRE DE HÉRCULES

Un Patrimonio da Humanidade convertido en aparcamento

Contorna da Cidade Deportiva da Torre con coches circulando e aparcados
Contorna da Cidade Deportiva da Torre con coches circulando e aparcados

Volvemos denunciar a ausencia de solucións para o aparcamento masivo de coches na contorna da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade

Facemos a proposta irónica de abrir o faro e permitir o aparcamento no seu interior. É o que lle queda á Torre

Preguntaremos de novo en Pleno por esta cuestión lembrando a obriga do Concello de protexer a contorna do faro, a declaración de ENIL do espazo e falta de seguridade para peóns e ciclistas que supón o paso de coches arredor da Cidade Deportiva da Torre

Un Patrimonio da Humanidade convertido en aparcamento

Volvemos denunciar (podes ver aquí a iniciativa que presentamos) o constante aparcamento masivo de coches na contorna do faro patrimonio da Humanidade, arredor da Cidade Deportiva da Torre.

E volvemos demandar solucións de mobilidade para evitar este aparcamento e ironizamos con que unha posíbel iniciativa podería ser abrir o faro e permitir que os coches estacionen no seu interior. É o que falta.

Xa que logo, con data 10 de xullo de 2017, preguntamos sobre o control e seguimento que se facía desde a Área de Mobilidade do aparcamento e a circulación na contorna da Torre de Hércules.

Preguntabamos, á aquela altura, que actuacións concretas se estaban tomando e se se tiña previsto algunha planificación en materia de mobilidade para toda a contorna da Torre de Hércules. O Goberno Municipal respondeunos sen máis que os servizos municipais competentes velaban polo cumprimento das normas, facíase vixilancia, control e seguimento da contorna, e que o Goberno municipal estaba a traballar niso” sinala Avia Veira.

Insistimos na importancia e do deber da Administración Local, no ámbito das súas competencias, conservar, manter e protexer o faro en activo máis antigo do mundo, Patrimonio da Humanidade, título do que este ano cumpriranse os 9 anos.

20180423_torre4

E malia que o Goberno local sinalou que estaba traballando en solucionar isto, doutra volta, nesta fin de semana, e como se amosa nas fotos que acompañan esta información, o aparcamento na contorna da Torre de Hércules era absolutamente masivo.

Na iniciativa presentada hoxe, lembramos que o Pleno acordou a declaración da contorna da Torre de Hércules como ENIL (Espazo Natural de Interese Local) e nesa sesión a edil María García destacou o valor natural deste espazo, que acolle 700 das 3.200 especies naturais existentes no municipio. Para nós é unha incoherencia declarar este espazo como ENIL e, ao mesmo tempo, permitir aparcamento e tránsito masivo de coches na súa contorna sen dar ningunha solución.

Por último, nas preguntas escritas que vimos de rexistrar tamén preguntamos ao Goberno local como ten pensado protexer as e os peóns e ciclistas que transitan pola contorna da Torre de Hércules do paso dos coches e do seu aparcamento.

A Coruña, 23 de abril de 2018.