2 MILLÓNS DE EUROS NON DAN PARA AGACHAR OS MAGROS INVESTIMENTOS DE 10 ANOS DE MANDATO

Unha pasarela para maquillar a falta de compromisos de Feixoo coa cidade

Foto: Radio Coruña.
Foto: Radio Coruña.
Desde que Feixoo é presidente da Xunta, isto é, por espazo dunha década, os investimentos do Goberno Galego na nosa cidade limítanse a escolas infantís financiadas por unha fundación privada —a de Amancio Ortega, a rehabilitación da Fábrica de Tabacos e agora a construción dunha pasarela que dá acceso a unha grande superficie comercial.
Unha pasarela para maquillar a falta de compromisos de Feixoo coa cidade

Así valora o BNG a presenza de Feixóo na cidade este mércores 11 de decembro para inaugurar a chamada Pasarela-Marineda, cuxo orzamento ascendeu a 2 millóns de euros. A formación nacionalista non cuestiona a necesidade desta infraestrutura, mais si chama a atención de que a súa construción contraste coa falta de compromisos do Goberno Galego noutras materias, tal e como se revela no proxecto de orzamentos 2020 en relación á cidade e á comarca da Coruña.

Durante a década Feixoo, o Goberno Galego  estivo ausente na cidade en políticas de vivenda —desde 2009 non se construíu na cidade nin unha soa vivenda de protección oficial da Xunta— ou de industrialización e nese sentido non deixa de ser curioso que a pasarela que inaugurou o presidente do Executivo Galego se ache a escasa distancia dunha factoría, Isowat, que se viu abocada ao seu feche sen que desde Monte Pío se movese un dedo para evitalo.

Unha pasarela para maquillar a falta de compromisos de Feixoo coa cidade