CENTRO ÁGORA

Que pasa coa dirección do Ágora?

Exterior do Centro Ágora (foto procedente da Wikimedia Commons).
Exterior do Centro Ágora (foto procedente da Wikimedia Commons).

Preguntaremos novamente ao Goberno municipal sobre a falta de dirección no Centro Ágora

O Ágora leva xa seis meses sen dirección o que pode poñer en risco a programación de actividades para o comezo de 2019

Moitas entidades teñen unha situación de incerteza xa que a esta altura de anos anteriores tiñan xa pechada a programación de actividades que xunto en coordinación co Centro calendarizaban para o ano entrante. Isto provoca que non teñan asegurada a súa realización e non poidan programar con tempo suficiente, obrigándolles a cancelar ou adiar o seu traballo

Que pasa coa dirección do Ágora?

Vimos de presentar unha batería de preguntas para o vindeiro Pleno ordinario de novembro (que podes descargar premendo aquí), para a súa resposta por escrito, a respecto da situación do Centro Ágora que desde antes do verán non ten dirección.

Deste xeito, volvemos advertir ao Executivo da Marea Atlántica desta circunstancia xa que logo a finais de maio deste ano xa trasladabamos unha iniciativa na que se solicitaba aclaracións ao respecto.

O Grupo Municipal do BNG advertiu hai xa cinco meses da situación e realizaba unha pregunta sinxela na que requiría do Goberno local unha data para na que se tivera previsto solucionar esta incidencia. A resposta foi [sic] A RPT do IMCE recolle funcións asociadas á dirección do Ágora vinculadas a unha das traballadoras, isto non é óbice para que o Goberno municipal procure máis traballadoras para este centro, mais o feito obxectivo e que a esta altura do ano, despois de cinco meses o Ágora segue sen dirección.

Asemade, na nosa iniciativa advertimos das consecuencias que se poden derivar na organización e no desenvolvemento do traballo cotiá ao carecer do seguimento normalizado cunha dirección, e do risco que supón prolongar esta situación xa que, segundo a formación nacionalista, están no aire as actividades propias do Ágora para o comezo do ano que vén, xa que aínda non están axendadas ao estar paralizada ou adiada administrativamente a súa elaboración, así como tamén todas aquelas actividades que se realizan en colaboración con terceiros como entidades, asociacións, colectivos etc.

Moitas entidades teñen unha situación de incerteza xa que a esta altura de anos anteriores tiñan xa pechadas a programación de actividades que xunto en coordinación co Centro calendarizaban para o ano entrante. Isto provoca que non teñan asegurada a súa realización e non poidan programar con tempo suficiente, obrigándolles a cancelar ou adiar o seu traballo.

Deste xeito, insistimos en preguntar para cando ten pesado o Goberno municipal nomear, se cre convinte, unha persoa para a dirección do Ágora, asemade de que se aclare que actividades xa se teñen programado como actividades propias do Centro Ágora, e como pensa a Área de Cultura garantir a programación de actividades que realiza en colaboración con terceiros ademais de que se indique con que entidades e asociacións xa ten pechado programación para o ano 2019.

A Coruña, 22 de outubro de 2018.