Outra gran mentira do PP: o IBI, lonxe de conxelarse, subirá

Outra gran mentira do PP: o IBI, lonxe de conxelarse, subirá

A Coruña, 4 de outubro de 2013.- O Goberno do Sr. Negreira volve faltar á verdade cando di que se conxelan os impostos no 2014. E é que non só estabelece novas tarifas para servizos que antes non se pagaban ou polos que non se cobraba tanto como vai cobrar o ano que vén, tamén oculta o encarecemento brutal do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para o 2014 e o 2015.

Así, o Goberno municipal agochou o dato da circular da FEMP 15/2013 sobre o incremento legal dos tipos de gravame do IBI e actualización de valores catastrais por coeficientes (achégase en anexo), na que se alerta das importantes modificacións da imposición local que dá conta o Proyecto de Ley por la que se establecen determinadas medidas en materia de fiscalidad medioambiental y se adoptan otras medidas tributarias y financiera. Este proxecto de lei, que xa pasou o trámite do Senado e que está pendente de publicación (achégase en anexo), sinala no seu art 8 que para os períodos impositivos que se inicien nos anos 2014 e 2015, os tipos de gravame do IBI dos bens urbanos determinados segundo o disposto no artigo 72 da Lei reguladora das Facendas Locais, resultarán incrementados nun 10 por cento para concellos con ponencias aprobadas con anterioridade a 2002, que é o caso da Coruña, cuxa ponencia de valor (ou valor catastral) é anterior a este ano, concretamente é de 1996.

Por moito que o sr. Negreira fale da suposta conxelación dos impostos “para axudar as familias e que os cidadáns sexan os grandes beneficiados”, a realidade, con este encarecemento do 10 por cento do IBI, sinalan as nacionalistas, é que o Partido Popular volve afogar á veciñanza.

Outra gran mentira do PP: o IBI, lonxe de conxelarse, subirá