ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2017

Que orzamentos queremos para a nosa cidade? Participa nas nosas asembleas abertas

Momento da visita a Labañou acompañados pola veciñanza do barrio
Momento da visita a Labañou acompañados pola veciñanza do barrio

Realizaremos ao longo deste mes unha serie de asembleas abertas nos barrios da cidade para recoller as propostas de investimentos da veciñanza para os orzamentos municipais

Tamén visitaremos os barrios para comprobar a súa situación actual e contrastar coa veciñanza e comerciantes as principais necesidades

O noso obxectivo é comprobar as necesidades en todos os barrios e trasladar as propostas da xente que é quen mellor coñece as prioridades de onde empregar os cartos e no que hai que investir e traballar

E advertimos de que se teña aprendido da trapallada do Pleno de abril no que se aprobaron inicialmente os orzamentos de 2016 agardando que as prioridades do Goberno municipal, e dos grupos municipais do PSOE e PP sexan elaborar un orzamentos acorde as necesidades da Coruña

Que orzamentos queremos para a nosa cidade? Participa nas nosas asembleas abertas

Ao longo deste mes realizaremos unha serie de asembleas abertas en distintos barrios da cidade para recoller as demandas da veciñanza para os orzamentos municipais para o ano 2017.

Deste xeito, e comezando a partir deste xoves día 10, ás 20.00 h, no barrio de Palavea, celebraremos, en distintos puntos da cidade, varias reunións participativas para contrastar de primeira man cales son as principais demandas da veciñanza da Coruña para ser incluídas nos orzamentos do ano que vén.

Situación das beirarrúas na praza da ToleranciaAsí mesmo, tamén faremos visitas para contrastar de primeira man coa veciñanza e comerciantes cales son as súas prioridades en investimentos, que xa comezamos coa visita a Cidade Vella, ou hoxe, onde completamos coa veciñanza da zona un percorrido polo barrio de Labañou, e nas que coñeceremos de primeira man, para ser incorporadas ás nosas propostas, todas aquelas actuacións prioritarias que deben ser realizadas na cidade para 2017.

Nestas primeiras dúas primeiras visitas, xa comprobamos que os investimentos en mobilidade, apoio ao tecido comercial, mobiliario e infraestruturas, entre outros, son algunhas das actuacións que requiren dun maior esforzo orzamentario e onde nas que se deben garantir un mínimo de investimentos necesarios.

“O noso obxectivo é contrastar as necesidades en todos os barrios e trasladar as propostas da xente que é quen mellor coñece as prioridades de onde empregar os cartos e no que hai que investir e traballar. Para nós os investimentos nos barrios son fundamentais, e así o xa o recollíamos no noso programa electoral #TodasAsCoruñas, demandámolo na negociación dos orzamentos deste ano e, por suposto, imos a seguir traballando para que incorporen o máximo de actuacións para os orzamentos de 2017”, sinalaba a nosa concelleira Avia Veira despois de realizar a visita ao barrio de Labañou.

Por último, tamén sinalamos que agardamos que o anuncio que publicado nos medios de comunicación a respecto de que o Goberno municipal prevé iniciar a partir desta semana as conversas de negociación dos orzamentos non sexa o inicio dun “espectáculo” similar ao acontecido co proceso de negociación dos de este ano.

Outro dos momentos da visita ao barrio de LabañouAgardamos que todos teñan aprendido da trapallada do Pleno de abril no que se aprobaron inicialmente os orzamentos de 2016, con case 6 de meses de retraso, e onde até a mesma hora de celebración do propio Pleno ninguén tiñamos os documentos definitivos que ían ao debate e á votación. E agardamos que as prioridades do Goberno municipal, e dos grupos municipais do PSOE e PP sexan elaborar un orzamentos acorde as necesidades da Coruña, e que se priorice o emprego, a dinamización do comercio, a loita contra a pobreza, os servizos sociais, o dereito ao acceso a vivenda, a mobilidade etc.

Neste sentido, aínda hoxe, 9 de novembro, non temos ningunha soa liña dos orzamentos municipais malia as declaracións do Alcalde.

A Coruña, 9 de novembro de 2016

Que orzamentos queremos para a nosa cidade? Participa nas nosas asembleas abertas