NOSTIÁN

Nostián e de como se deben facer ben as cousas desde o principio

Imaxe do exterior da Planta de Nostián
Imaxe do exterior da Planta de Nostián

A nova sentenza sobre Nostián dános a razón en que a vía xudicial da lesividade era a correcta e en que eran precisas as auditorías previas para obter resolucións xudiciais favorábeis como a que se vén de facer pública

Lembramos que o Goberno municipal do PP atendeu á proposta do BNG de aprobar a declaración de lesividade do acordo de 2011 en marzo de 2015, toda vez que todas as súas anteriores estratexias fracasaran

Nostián e de como se deben facer ben as cousas desde o principio

A nova sentenza sobre Nostián (podes ver a información periodística publicada hoxe premendo aquí, vía La Voz de Galicia) dános a razón en que a vía xudicial da lesividade era a correcta e en que eran precisas as auditorías previas para obter resolucións xudiciais favorábeis como a que se vén de facer pública.

Cando o Goberno do Sr. Negreira decidiu revisar de oficio os acordos sobre a planta de Nostián tomados na Xunta de Goberno Local de 8 de abril de 2011, e que non contaron co voto favorábel dos membros, a aquela altura do Bloque, no órgano de goberno, manifestabamos que a vía elixida polo Goberno municipal para revisar a concesión de Albada era “errónea” e “xuridicamente dubidosa”.

Sinalaban entón a través dunha nota de prensa enviada o 17 de decembro de 2011, que o procedemento de revisión máis atinado era o de lesividade, previsto no art. 103 da Lei 30/1992, o que permitiría que fose o Xulgado do contencioso o que resolvese a controversia. Daquela tamén manifestábamos que o  razoábel sería agardar polos resultados tanto da auditoría técnico-ambiental como dos informes dos servizos para obter resolucións xudiciais favorábeis.

Ao ano seguinte, en novembro de 2012, noutra nota de prensa, tamén sinalabamos que o Consello Consultivo de Galiza lle devolvera o expediente ao Goberno municipal e demandara como necesaria a auditoría que reclamabamos e, novamente, exixiamos a vía da declaración de lesividade do acordo de 2011.

Non foi até marzo de 2015 que o Goberno do Sr. Negreira aprobou a declaración de lesividade do acordo de 2011 -proposta en reiteradas ocasións por nós- toda vez que as anteriores estratexias do Executivo municipal do PP fracasaran facéndolle perder o tempo ao Concello da Coruña.

Agora se ven os froitos da estratexia proposta xa que con esta sentenza se demostra que a vía da lesividade era a correcta e que as eran precisas as auditorías previas para obter resolucións xudiciais favorábeis como a que se vén de facer pública.

A Coruña, 7 de marzo de 2018.

 

Noticias Relacionadas: