MONCHO VALCARCE

O noso grupo de barrio de Monte Alto rende homenaxe, como cada ano, ao crego das Encrobas Moncho Valcarce

Cartel da homenaxe a Moncho Valcarce neste 2017
Cartel da homenaxe a Moncho Valcarce neste 2017

Será este sábado 28, ás 12.00 h no cemiterio de Santo Amaro e contará coa presenza de Xosé Luis Rivas “Mini”, parlamentario do BNG no Hórreo

O noso grupo de barrio de Monte Alto rende homenaxe, como cada ano, ao crego das Encrobas Moncho Valcarce

O noso grupo de barrio de Monte Alto homenaxeará, como cada ano, a Moncho Valcarce, coñecido como o crego das Encrobas, este sábado ás 12.00 h no cemiterio de Santo Amaro e contará co representante do BNG no Parlamento de Galiza, Xosé Luis Rivas “Mini”.

Deste xeito, convidamos a veciñanza da Coruña a participar desta homenaxe ao crego que sempre apoiou as clases populares e a lembrar a súa loita nas Encrobas na parroquia de Cerceda, a causa en Xove, nas Enchousas e en Baldaio.

Destacamos de Moncho, do nodo compañeiro, do noso amigo, o seu salientábel labor en rexeitamento á cota empresarial polo que foi obxecto de malos tratos, detencións, sancións e mesmo da marxinación eclesiástica.

Temos a necesidade de dotármonos de referentes que sempre tiveron clara a defensa do noso pobo e das persoas humildes e traballadoras, e que apostaron decididamente polas clases populares, significase o que significase, coma neste caso, a cadea, a persecución e o exilio. E Moncho Valcarce é un deses imprescindíbeis e o seu exemplo segue a ter a mesma vixencia e segue a ser necesario hoxe en día.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2016