Por que nos achegaron onte os que "parecen ser" os Orzamentos 2016?

Cartel editado polo BNG onde expoñíanse as propostas aos Orzamentos
Cartel editado polo BNG onde expoñíanse as propostas aos Orzamentos
Por que nos achegaron onte os que "parecen ser" os Orzamentos 2016?

A Coruña, 21 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG, logo do envío do Goberno municipal duns arquivos que "parecen ser" o proxecto de orzamentos para o ano 2016, pregúntase cal é o obxecto deste envío e para que se poñen en común coa súa organización.

O BNG pregúntase con que obxectivo o Goberno municipal lle remitiu o Proxecto de Orzamentos 2016: se é para negociar, cousa que non se nos especificou, ou se é que o vai tramitar proximamente para levalo a Pleno, novamente de xeito unilateral e kamikaze sen o teren falado con ninguén

«Se son veraces as informacións que apareceron durante o último mes e medio, nas cales se indicaba que o Goberno municipal xa tiña unha proposta elaborada -á cal nunca se nos deu acceso, incluso solicitándoa por escrito en rexistro-, e que esa proposta foi trasladada ao Grupo Municipal do PSOE, e mesmo, e referíndonos xa a última semana, o propio Goberno da Marea e PSOE intercambiaron documentación ao respecto, o BNG non entende para que agora son remitidos uns arquivos, e que agardan de nós», indican desde a formación nacionalista.

Á vista das cifras que contén o documento enviado onte por correo, as nacionalistas sinalan que o que vimos de presenciar no último mes non foi máis que unha escenificación dunha negociación na que non se avanzou absolutamente nada xa que todas as cifras coinciden coas que o Goberno local presentou en prensa o 11 de decembro

cartel_orzamentos2016_bngO Bloque manifesta que se o que pretende o Goberno é negociar, desde logo isto non se especificou en ningún momento. «Pola contra, se o que se quere facer por parte da Marea Atlántica é tramitar proximamente o orzamento para levalo a Pleno de xeito unilateral e kamikaze sen o teren falado con ninguén probabelmente o resultado poderá ser o mesmo que no primeiro pleno de organización ou co modificativo de crédito: mais desta volta tiñamos que ter aprendido e os prexudicados e as prexudicadas seremos o conxunto das coruñesas e dos coruñeses», sinala Avia Veira

As nacionalistas sinalan asemade que, á vista das cifras que contén o documento que o Goberno lle remitiu onte, o que vimos de presenciar no útlimo mes entre a Marea Atlántica e o PSOE é unha escenificación dunha negociación na que non se avanzou absolutamente nada xa que todas as cifras coinciden coas que o Goberno local presentou o 11 de decembro á prensa. Deste xeito, o BNG lamenta o tempo perdido durante todo este tempo.

O Bloque apela á responsabilidade e a acadarmos canto antes un orzamento que permita deixar atrás os orzamentos antisociais do Partido Popular, que mentres tanto seguirán prorrogados

Para a formación nacionalista, esta escenificación é unha mostra máis da práctica de substituír a política real polos “grandes titulares” na que está instalada a Marea Atlántica apoiándose na complicidade do PSOE para secuestrar indefinidamente o investimentos deste ano e polos que están agardados os barrios, a veciñanza e as asociacións e entidades da cidade.

«Apelamos á responsabilidade e a acadarmos canto antes un orzamento que permita deixar atrás canto antes os orzamentos antisociais do Partido Popular, que mentres tanto van seguir prorrogados», conclúe Avia Veira.

 

Artigos relacionados:

 

Por que nos achegaron onte os que "parecen ser" os Orzamentos 2016?