BARRIOS

Non era sen tempo que a área de Rexeneración Urbana comezara a licitar, por fin, varias das 57 actuacións

Momento da rolda de prensa no que David Pena e Avia Veira ensinaban o progreso de execución de obras anunciado para 2016
Momento da rolda de prensa no que David Pena e Avia Veira ensinaban o progreso de execución de obras anunciado para 2016

Tras acceder nas últimas semanas ao perfil do contratante constatamos que algunhas das actuacións prometidas para 2016 comezan a ser licitadas mais consideramos improcedente que sexa a través da nosa fiscalización e control que o Goberno da Marea se vexa obrigado a actuar nos barrios e que non sexa por iniciativa propia e en cumprimento das súas promesas   

Que nas últimas semanas se estean a sacar no perfil do contratante licitacións das obras anunciadas para 2016, xusto agora que o orzamento para 2017 aínda non está aprobado definitivamente, evidencia que o argumento empregado pola concellaría de Rexeneración Urbana, da necesidade de ter un orzamento cos investimentos asignados, era infundado e falso: estas actuacións se realizan en base os cartos de 2016, polo que a non realización das obras para cando se anunciaron só foi provocado pola ineficiente xestión de Xiao Varela da súa área

Instamos o Executivo local a que presenten que propostas doutras actuacións pensan realizar neste ano independentemente do cumprimento das intervencións anunciadas para 2016

Non era sen tempo que a área de Rexeneración Urbana comezara a licitar, por fin, varias das 57 actuacións

Cremos que “non era sen tempo” que a área de Rexeneración Urbana do Goberno municipal comezara a licitar, por fin, as actuacións prometidas nos barrios.

E é que vimos de comprobar que nas últimas semanas comezaron a aparecer no perfil do contratante licitacións das obras anunciadas desde a área de Xiao Varela que foran prometidas para os barrios en 2016 e que, tras o informe presentado por nós, se demostrou que non se fixeran no prazo indicado polo Goberno.

Mais tamén entendemos que é totalmente improcedente que sexa a través da nosa fiscalización e control que o Goberno da Marea se vexa obrigado a actuar nos barrios e que non sexa por iniciativa propia e en cumprimento das súas promesas.

Grafico que amosa as porcentaxes de execución das 57 actuacions prometidas

Preguntámonos que tivera pasado se a principios de ano non presentaramos o informe de seguimento destas 57 actuacións denunciando a inacción da concellaría de Rexeneración Urbana. O Goberno municipal foi quen a «bombo e platillo» anunciou a realización de todas estas obras e pasado o prazo que eles mesmo se deron só fixeran 2. Se nós non tiveramos feito este seguimento e realizado a denuncia se sacarían todas estas obras nestas últimas semanas?

Por outra banda, e despois de ter presentado varias iniciativas no Pleno preguntando o por que non se tiveran realizado estas actuacións, queremos destacar que os argumentos dados no seu momento polo concelleiro de Rexeneración Urbana demóstranse coma ficticios e absurdos.

Así, lembramos que a área de urbanismo fundamentou que a maioría das actuacións non se puideran realizar por non ter orzamentos dispoñíbeis non que se viran reflectidos os investimentos para cada intervención, e que, toda vez que os orzamentos estiveran aprobados as obras comezarían inmediatamente. Mais a día de hoxe os orzamentos de 2017 aínda non están aprobados definitivamente polo que todas as licitacións que aparecen no perfil do contratante están facéndose en base aos orzamentos prorrogados de 2016.

Mapa de seguimento das actuacións prometidas e non realizadas

Que nas últimas semanas se estean a sacar no perfil do contratante as licitacións da maioría das obras anunciadas para 2016, xusto agora que o orzamento para 2017 aínda non está aprobado definitivamente, evidencia que o argumento empregado pola concellaría de Rexeneración Urbana, da necesidade de ter un orzamento cos investimentos asignados, era infundado e falso: estas actuacións se realizan en base os cartos de 2016, polo que a non realización das obras para cando se anunciaron só foi provocado pola ineficiente xestión de Xiao Varela da súa área.

Por último, e xa iniciando o proceso dalgunha destas obras, instamos o Executivo local a que estea áxil e as realice a maior brevidade e axuste os prazos administrativos aos mínimos legais esixidos, ademais de xa comezar a prever outras actuacións para este ano.

Entendemos que xa que por fin se van realizar as obras desde a concellaría se debe levar un control exhaustivo para que se rematen canto antes e agardemos non chegar a 2018 e aínda estean pendente por executar algunha dela. Do mesmo xeito, xa instamos a que se vaian pensando que outras actuacións se deben acometer nos barrios. Lembramos que no proceso de negociación dos orzamentos deste ano achegamos ao Goberno da Marea máis de 145 propostas recollidas nas sucesivas asembleas abertas e encontros que fixemos pola cidade, e existe o compromiso do alcalde de ser incorporadas as nosas achegas aos orzamentos de 2017, polo que agardamos que canto antes sexan presentadas as intervencións novas que se teñen pensado realizar.

A Coruña, 28 de febreiro de 2017

 

Noticias relacionadas