PEIRAOS INTERIORES

Non consentimos que o futuro dos peiraos interiores e do Porto Exterior sexan sometidos aos intereses partidarios

Momento da rolda de prensa da semana pasada na que Ana Pontón e Francisco Jorquera anuniaban a iniciativa institucional no Parlamento de Galiza
Momento da rolda de prensa da semana pasada na que Ana Pontón e Francisco Jorquera anuniaban a iniciativa institucional no Parlamento de Galiza

Consideramos intolerábel o mercadeo partidista acaecido esta semana a conta dos terreos portuarios

Durante este mandato a reivindicación decidida para a devolución de balde dos peiraos interiores e para outro modelo de financiación para o Porto Exterior foi encabezada polas organizacións sociais en torno a Comisión Aberta e pola acción institucional, no Concello da Coruña e no Parlamento de Galiza, feita polo propio BNG

Demóstrase que hai determinadas formacións políticas que actúan en función de intereses partidarios e non por iniciativa propia ou porque o fagan en defensa dos intereses da veciñanza da Coruña e Galiza: desde drásticos e antagónicos cambios de opinión a formacións que non teñen empregado a súa capacidade de influír malia a súa representación no Congreso. Cremos lamentábel o espectáculo que se está dando e que desvía o obxectivo: a supresión do convenio de 2004, a devolución de balde dos terreos portuarios, unha vez desafectados, para usos sociais e produtivos en beneficio da cidade, e a construción do Porto Exterior a conta do Orzamento Xeral do Estado

Congratulámonos ironicamente do “cambio de opinión” a respecto do Porto do Partido Popular en tan só tres meses desde o último debate no Parlamento de Galiza, da “renuncia” da Marea Atlántica a pagar por parte dos terreos, como pretendían facer coa Solana e da “indignación” do PSOE ante o agravio comparativo co porto de Valencia similar a amosada cando a sinatura do convenio de abril entre De La Serna, Llorca, Feijoo e Losada

Non consentimos que o futuro dos peiraos interiores e do Porto Exterior sexan sometidos aos intereses partidarios

Cremos incríbeis e faltas de toda veracidade as posicións públicas amosadas durante estes días polas formación políticas con representación no Concello a respecto do futuro dos peiraos interiores e o financiamento do Porto Exterior.

Consideramos todas estas declaracións un mercadeo impropio que só reflicte a defensa dos intereses partidarios en función de quen goberna e quen é oposición en cada quenda.

“Demóstrase que hai determinadas formacións políticas que actúan en función de intereses partidarios e non por iniciativa propia ou porque o fagan en defensa dos intereses da veciñanza da Coruña e Galiza: desde drásticos e antagónicos cambios de opinión a formacións que non teñen empregado a súa capacidade de influír malia a súa representación no Congreso. Cremos lamentábel o espectáculo que se está dando e que desvía o obxectivo: a supresión do convenio de 2004, a devolución de balde dos terreos portuarios, unha vez desafectados, para usos sociais e produtivos en beneficio da cidade e a construción do Porto Exterior a conta do Orzamento Xeral do Estado“, denunciaba o noso candidato á alcaldía Francisco Jorquera.

Intervención da nosa portavoz nacional Ana Pontón e do noso candidato á alcaldía Francisco Jorquera demandando a devolución dos terreos portuarios

Neste sentido, a tamén a nosa candidata no tándem de cabeceira presentamos ás eleccións municipais de 2019, e actual portavoz municipal da formación, Avia Veira, sinalou que “durante este mandato a reivindicación decidida para a devolución de balde dos peiraos interiores e para outro modelo de financiación para o Porto Exterior foi encabezada polas organizacións sociais en torno a Comisión Aberta e pola acción institucional, no Concello da Coruña e no Parlamento de Galiza do propio BNG”.

“En maio defendiamos no Parlamento unha batería de iniciativas, coa propia Conselleira de Medio Ambiente e futura candidata a alcaldía, Beatriz Mato presente, que foron votadas en contra polo Partido Popular. E durante todo este mandato municipal temos presentado múltiples iniciativas defendendo a devolución gratuíta e demandando que o Porto Exterior se financiara a conta dos orzamentos do Estado, que tamén foron votadas en contra polos populares. Do mesmo xeito, tamén observabamos atónitas como o propio Goberno da Marea Atlántica estaba disposto a pagar, con cartos de todas e todos nós, polos terreos da Solana, chegando incluso a incluír unha partida de 1,4 millóns de euros nos orzamentos municipais de 2017, e cando aínda hoxe  seguimos agardando pola celebración da Consulta Popular aprobada en Pleno. As declaracións destes días son un dislate se temos en conta todo o percorrido previo realizado nos últimos tres anos e medio”, denunciaba Avia.

Con todo, congratulámonos ironicamente do “cambio de opinión” a respecto do Porto do Partido Popular en tan só tres meses desde o último debate no Parlamento de Galiza, da “renuncia” da Marea Atlántica a pagar por parte dos terreos, como pretendían facer coa Solana e da “indignación” do PSOE ante o agravio comparativo co porto de Valencia similar a amosada cando a sinatura do convenio de abril entre De La Serna, Llorca, Feijoo e Losada.

Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria

Por último, avanzamos que continuaremos coa nosa “folla de ruta”, e presentaremos, tal e como anunciaban a semana pasada en rolda de prensa a nosa portavoz nacional Ana Pontón e o noso candidato á alcaldía Francisco Jorquera, unha batería de iniciativas no inicio do novo curso político para que a Xunta de Galiza demande a financiación do Porto Exterior da Coruña a conta das contas do Estado.

“Tal e como anunciabamos a semana pasada xunto con Ana Pontón, presentaremos no Parlamento de Galiza unha iniciativa institucional para conseguir que o borde litoral interior da nosa cidade, unha vez que os terreos sexan desafectados de usos portuarios, volvan de maneira gratuíta a ser terreos de uso público cun usos que poidan gozar a veciñanza da Coruña e que poidan ter usos produtivos, así como demandar ao Executivo de Pedro Sánchez o mesmo que xa demandabamos ao Executivo de Mariano Raxoy: devolver os terreos ao seu lexitimo dono, o pobo da Coruña”, concluía Francisco Jorquera.

A Coruña, 29 de agosto de 2018.

 

Artigos relacionados