MERCEDES QUEIXAS, NO ENCONTRO INTERNACIONALISTA REALIZADO NOS XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ

"Outro mundo é posíbel, con paz e dereito dos pobos a decidir, e Galiza fará parte del a partir do 12X"

Encontro Internacionalista

A defensa da paz e do dereito dos pobos a decidiren por si propios, o combate contra toda forma de opresión imperial e privilexiar o relacionamento da Galiza cos países da lusofonía -"ou galeguía pois a lingua común ten a orixe na nosa terra"- son os trazos definitorios da política internacionalista do BNG, destacou Mercedes Queixas durante o encontro Outro Mundo é Posíbel que tivo lugar na solleira mañá deste sábado, na Rosaleda dos Xardíns de Méndez Núñez.

"Outro mundo é posíbel, con paz e dereito dos pobos a decidir, e Galiza fará parte del a partir do 12X"

Queixas estivo acompañada polo activista palestino Fayed Badawi -que condenou as políticas xenocidas do Estado "colonial" de Israel contra o seu pobo-, o documentalista galego-venezolano Xurxo Martiz -que retratou como o imperialismo norteamericano continúa a actuar en Latinoamérica, con Venezuela particularmente no seu punto de mira- e o tamén candidato do BNG ao Parlamento galego pola Coruña e activista de memoria histórica Carlos Babío.

"Outro mundo é posíbel se os pobos nos poñemos en marcha", dixo Queixas. "Outro mundo con paz e con garantías de que todos os pobos teñen dereito a decidir sen inxerencias imperiais sobre os seus asuntos", engadiu. "Unha nova Galiza fará parte con toda seguridade dese outro mundo posíbel a partir do 12 de xullo. Unha Galiza orgullosa de si propia e soildaria cos demais pobos que constitúen a Humanidade", concluíu.

"Outro mundo é posíbel, con paz e dereito dos pobos a decidir, e Galiza fará parte del a partir do 12X"