O GOBERNO LOCAL CONVOCA XUNTA URXENTE SEN DISPOÑIBILIZAR A INFORMACIÓN AOS GRUPOS

Sobre as novas ordenanzas fiscais: "Reservámonos o sentido de voto á espera dun estudo máis demorado"

Francisco Jorquera
Francisco Jorquera
Nunha primeira achega ás mudanzas introducidas polo Goberno Local nas ordenanzas fiscais, sancionadas este martes nunha xunta de goberno convocada de xeito urxente e extraordinario, o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quer facer a seguinte avaliación: 
Sobre as novas ordenanzas fiscais: "Reservámonos o sentido de voto á espera dun estudo máis demorado"

“A maioría das modificacións son técnicas

Valoramos positivamente, na taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e na taxa por prestación de servizos na rede de sumidoiros, o estabelecimento da cota cero para as persoas con ingresos iguais ou inferiores a 548,60 Euros (IPREM) ou persoas perceptoras da RSM, Risga e outros elementos de progresividade fiscal (tarifa reducida para as persoas que non superen o 1,5 do IPREM ).

Tamén respaldamos a introdución de factores que vencellen a taxa ao lixo que se xera, establecendo unha tarifa reducida para as e os cidadáns que colaboren no tratamento de resíduos (autocompostaxe)

Do mesmo xeito, avaliamos positivamente na ordenanza reguladora do IAE a mudanza de categoría fiscal que conlevará un maior esforzo fiscal por parte de REPSOL.

Con todo, e á falta dunha análise máis demorada (a Xunta de Goberno foi convocada polo trámite de urxencia e con carácter extraordinario sen dispoñibilizar antes a documentación aos diferentes grupos políticos) observamos ausencias importantes tales como a maior bonificación no IBI aos inmobles en rehabilitación ou o incremento da fiscalidade ás casas de apostas). O BNG resérvase, por tanto, o sentido de voto á espera dun estudo máis demorado.