VAINA DEFENDER JORQUERA NO PLENO DO 4X

Moción do BNG para o Concello instar a Xunta a que protexa o sector do mar e medie entre bateiros e percebeiros

Illas de San Pedro
Illas de San Pedro

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai defender no Pleno do vindeiro 4X unha moción en que se insta a Xunta a que poña en marcha distintas medidas de protección do sector do mar, especialmente castigado polas consecuencias económicas da Covid-19.

Moción do BNG para o Concello instar a Xunta a que protexa o sector do mar e medie entre bateiros e percebeiros

Entre outras cuestións, o voceiro soberanista pedirá ao Goberno Local que se dirixa á Xunta de Galiza para esta asumir un rol de mediación no conflito entre bateeiros/as e percebeiros/as. "No caso da Coruña", relata Jorquera na exposición de motivos da moción, "dáse ademais a circunstancia de que se está procedendo á extracción de mexilla en zonas como as Illas de San Pedro e o entorno da Torre de Hércules, declaradas Espazos Naturais de Interese Local".

A Xunta debe mediar neste conflito, mais debe tamén asumir as súas responsabilidades e "exercer a vixilancia e control que lle corresponde na explotación dos recursos mariños", pon en destaque o portavoz do BNG, quen á vez salienta que "no caso concreto da Coruña é necesario, ademais, que a Xunta de Galiza e o Goberno Municipal adopten as medidas oportunas para que o aproveitamento económico dos recursos das zonas declaradas Espazos Naturais de Interese Local non ameace a sustentabilidade dos recursos e a biodiversidade".

Coa moción o BNG pídelle tamén á Xunta que poña en marcha axudas para garantir a actividade das confrarías, ao tempo que urxe o Goberno Local a que se dirixa á Administración galega para esta reclamar "as modificacións que sexan necesarias para axilizar o uso dos fondos que veñen da Unión Europea, incluída a demanda de fondos FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) co propósito de que "as persoas afectadas poidan percibir axudas que lles permita sobrevivir e garantir a plena salvagarda dos dereitos dos profesionais do mar de Galiza".

Moción do BNG para o Concello instar a Xunta a que protexa o sector do mar e medie entre bateiros e percebeiros