CAMPO DE FÚTBOL DE EIRÍS

Mentres as obras de Agrela avanzan o novo equipamento do campo de fútbol de Eirís cae no esquecemento

Vista interior do campo de fútbol de Agrela II (foto: Wikimedia Commons)
Vista interior do campo de fútbol de Agrela II (foto: Wikimedia Commons)

Demandamos ao Goberno municipal que teña o mesmo compromiso para exixir executar as melloras no campo de Eirís que o que ten para a autorización das reformas da ampliación da Fábrica da Estrella en Agrela

Lembramos que o propio Executivo local non garantiu que os campos de Eiris estarían dispoñíbeis en setembro para o comezo da temporada 2018 – 2019

Botamos moi en falta a mesma axilidade que amosa o Goberno da Marea Atlántica para asinar acordos con entidades privadas para coa construción e reforma de dotacións e servizos públicos. O campo de fútbol de Eirís está comprometido en virtude da poxa de terreos realizada no polígono de Agrela, e incluía a súa ampliación e mellora, e será onde se trasladará a actividade deportiva que se veu desenvolvendo até o de agora no chamado Campo de Agrela II. Porén, a falta de xestión do Executivo adía de xeito indefinido para cando estará esta infraestrutura deportiva, desde logo moi necesaria na cidade

Mentres as obras de Agrela avanzan o novo equipamento do campo de fútbol de Eirís cae no esquecemento

Despois da probábel aprobación mañá, en Xunta de Goberno, da autorización á empresa Hijos de Rivera SAU, para a execución en seis fases do proxecto básico modificado da ampliación da súa planta de Agrela, demandamos do Executivo local o mesmo compromiso para exixir executar as melloras no campo de Eirís, obra vinculada a este procedemento.

Lembramos que no protocolo entre o propio Concello da Coruña e a empresa Hijos de Rivera SAU, de data de marzo de 2015, xunto cunha addenda de maio de 2016 que rexistrou unha serie de modificacións, a empresa comprometíase a presentarse á poxa dos terreos de Agrela co obxecto de ampliar a súa planta, mais tamén recollía o compromiso de financiamento para a actividade deportiva que se deixaba de realizar nos espazos adquiridos, pasándose a se desenvolver nunhas instalacións reformadas, ampliadas e modernizadas, neste caso no campo de Eirís.

Neste sentido, recordamos que no seu momento, e como resposta a unha batería de preguntas escritas presentadas, o Goberno local non garantía que as instalación citadas de Eirís estiveran preparadas para o principio da temporada 2018 – 2019, isto é setembro, ademais de avanzar que o tempo estimado para a licitación do contrato da obra estaría na contorna de 5 meses, demorando a operatividade da nova instalación deportiva canto menos para o 2019, aínda que se estimaba para este último semestre a inauguración das mesmas.

Botamos moi en falta a mesma axilidade que amosa o Goberno da Marea Atlántica para asinar acordos con entidades privadas para coa construción e reforma de dotacións e servizos públicos. O campo de fútbol de Eirís está comprometido en virtude da poxa de terreos realizada no polígono de Agrela, e incluía a súa ampliación e mellora, e será onde se trasladará a actividade deportiva que se veu desenvolvendo até o de agora no chamado Campo de Agrela II. Porén, a falta de xestión do Executivo adía de xeito indefinido para cando estará esta infraestrutura deportiva, desde logo moi necesaria na cidade.

A Coruña, 12 de xullo de 2018.

 

Artigos relacionados: