GOBERNO MUNICIPAL

"A Marea Atlántica está moi cómoda no vitimismo"

Avia Veira lembra que é responsabilidade do goberno municipal “elaborar e tramitar os orzamentos e chegar a acordos para sacalos adiante e telos en tempo”.

"A Marea Atlántica está moi cómoda no vitimismo"

A Coruña, 18 de xaneiro.- Avia Veira, a portavoz municipal do BNG, volveu reclamar responsabilidade e sensatez ao goberno da Marea Atlántica. A nacionalista advirte “unha deriva” no proceder da Marea Atlántica nos últimos anos e lembrou que o BNG concedera un “apoio tácito” ás contas municipais de 2016, que “apoiou a Xulio Ferreiro e ao goberno municipal na moción de confianza do 2017”, que no 2018 non foron aceptadas “nin unha soa das nosas alegacións que se resolveron en apenas en 24 horas”, e que para o 2019 “non tivemos acceso, non vimos nin unha coma”.

 

Veira volveu advertir das graves consecuencias que terá un novo atraso nos orzamentos para as asociacións e colectivos da cidade, entre outras, as ANPAS. E conclúe que “a Marea Atlántica está moi cómoda instalada no vitimismo, botándolle aos demais das culpas do que non fai”. Veira insistiu en que “é responsabilidade do goberno municipal elaborar e tramitar os orzamentos e chegar a acordos para sacalos adiante e telos en tempo”. “É a súa obriga”, subliñou.

"A Marea Atlántica está moi cómoda no vitimismo"