FACHADA MARÍTIMA

A Marea Atlántica está a burlarse da veciñanza da Coruña

Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá que aprobaba a Consulta Popular
Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá que aprobaba a Consulta Popular

O anuncio do Goberno municipal de convocar un “concurso de ideas” sobre a fachada marítima é un insulto á veciñanza xa que ven de gastarse máis de 70.000 euros no foro e no estudo do borde litoral

A Marea estase a rir da das coruñesas e dos coruñeses que nos últimos anos estivemos a reclamar a devolución á cidade dos terreos portuarios e outro modelo para a súa xestión. Ademais de incumprir reiteradamente os acordos tomados en Pleno polos que se instaba a realizar unha Consulta Popular agora pretende iniciar o enésimo proceso participativo, adiando tomar posición e defender con contundencia os intereses lexítimos da Coruña. As súas renuncias amosan as carencias do seu goberno e amosa a súa falta de proxecto

Urximos a convocar para antes de que finalice este ano a Consulta Popular aprobada en Pleno en marzo de 2017

Cremos tamén escandaloso que Ferreiro formule a posibilidade de tanteo sobre os terreos da Maestranza e amosa a súa indignación pola desidia e parálise do Executivo á hora de reclamar ao Ministerio de Defensa as parcelas do Campo da Estrada

A Marea Atlántica está a burlarse da veciñanza da Coruña

É un insulto que o Goberno municipal formule agora un “concurso de ideas internacional” para o deseño do bordo litoral, e exixe que se convoque a Consulta Popular aprobada en Pleno en marzo de 2017 antes do remate deste ano.

Esta proposta do Executivo é outra fuxida cara adiante ante o clamor social que nos últimos anos ven demandado a devolución gratuíta dos terreos portuarios e a revogación dos acordos derivados do convenio asinado en 2004.

A Marea Atlántica estase a rir da das coruñesas e dos coruñeses que nos últimos anos estivemos a reclamar a devolución á cidade dos terreos portuarios e outro modelo para a súa xestión. Ademais de incumprir reiteradamente os acordos tomados en Pleno polos que se instaba a realizar unha Consulta Popular agora pretende iniciar o enésimo proceso participativo, adiando tomar posición e defender con contundencia os intereses lexítimos da Coruña. As súas renuncias amosan as carencias do seu goberno e amosa a súa falta de proxecto.

Asemade, cremos que o propio Goberno considera que o foro “Tecendo Litoral” realizado en abril foi un fracaso malia que supuxo un gasto superior aos 70.000 euros, e consideramos que o Goberno da Marea pretende seguir adiando o mandato do Pleno, nun síntoma inequívoco de que a improvisación é a súa folla de ruta por riba do apoio popular que terían se apoiaran con contundencia a devolución gratuíta dos terreos portuarios.

Así mesmo lembrámoslle á Marea Atlántica que está a incumprir o seu programa electoral de xeito vergoñento xa que logo prometían “establecer un sistema de referendos veciñais para cuestións de especial transcendencia”, algo que neste caso está máis que xustificado, mais eluden constantemente.

A xestión do Executivo local de todo este proceso limitouse aos grandes titulares, procurando, permanentemente, estar agochados baixo a convocatoria continua de procesos que non levan a ningures. O Protocolo asinado a finais de abril entre Portos do Estado, Xunta de Galiza e Ministerio de Fomento, na actualidade en suspenso despois do cambio de goberno no Estado, na vez de supoñer unha clara advertencia que debería ter feito reaccionar con contundencia ao Goberno municipal, e ter acelerado a celebración da Consulta Popular para facer visíbel a posición contundente que ten a veciñanza ao respecto, sen embargo produciu esta nova proposta, que ridiculiza aínda máis a xestión realizada.

 

Os terreos da Maestranza.

Por outra banda, o tamén cremos escandaloso que Ferreiro formule a posibilidade de tanteo sobre os terreos da Maestranza e amosamos a nosa indignación pola desidia e parálise do Executivo á hora de reclamar ao Ministerio de Defensa as parcelas do Campo da Estrada, lembrándolle que a veciñanza da zona realizou hai menos de dous meses unha consulta popular para demandar a devolución de balde destes terreos ao concello para que foran destinados a zona verde e equipamentos públicos, mediante la modificación puntual del PXOM.

En contraste á inacción de goberno, a Comisión Aberta en Defensa do Común e a Asociación Veciñal da Cidade Vella, a finais de maio, realizaron unha Consulta Popular, na que participaron 449 persoas dun censo electoral que non chega a 2.500 persoas. Resulta significativo que dúas entidades sociais realizaran, sen ningún problema e dificultade, un referendo para saber a opinión da veciñanza, algo que non é capaz de realizar o Goberno municipal.

Manifestación en 2016 na que se demandaba a devolución gratuíta dos terreos da Maestranza

Asemade, o recordamos que hai máis de dous anos o propio Pleno aprobou unha moción na que se instaba [sic] “o Goberno municipal a que tome as medidas necesarias para a modificación puntual do Plan Xeral de Urbanismo...”, polo que reclamamos a execución do acordo e se realice a proposta de modificación puntual que preserve os terreos para garantir a máxima protección para todos estes espazos cun alto valor histórico e patrimonial.

Advertiámolo a semana pasada, e durante estes máis de dous anos: o Executivo local debera ter asumido unha posición máis contundente, sobre todo tomando a iniciativa e sendo áxil na toma de decisións no que respecta a protección do noso patrimonio, e denunciando o afán especulativo e mercantilista do Estado e do Ministerio de Defensa. Que agora o alcalde Xulio Ferreiro formule a posibilidade de pagar por terreos que son espazos comunais, bens propios, pertencentes á cidade desde a súa fundación, e doados no seu momento ao Ministerio da Guerra, hoxe en día o Ministerio de Defensa, toda vez que eses terreos foron desafectados para os usos polos que foi obxecto á doazón, é simplemente unha burla á veciñanza da Coruña, e o que é peor, afecta aos nosos petos.

A Coruña, 17 de xullo de 2018.