MOBILIDADE

O mapa de liñas do bus urbano para a cidade segue no limbo

Bus da Compañía de Tranvías
Bus da Compañía de Tranvías

Denunciamos que o Goberno local segue sen tomar decisións en materia de mobilidade: comprometeuse a presentar publicamente o 10 de abril o novo mapa de liñas de autobús, xa vai un mes do cumprimento dese prazo e nada sabemos

A Marea Atlántica incumpriu fragrantemente o seu programa electoral en materia de mobilidade e máis concretamente o punto 32 no que prometía a reordenación da mapa de rutas de autobús urbano, ademais da priorización de paso mediante plataforma reservada (carril bus) e a mellora de accesibilidade en paradas

O concelleiro de Mobilidade Díaz Grandío terá que explicar en Pleno por que non ten presentada aínda a proposta de novas rutas para o transporte público da nosa cidade  

O mapa de liñas do bus urbano para a cidade segue no limbo

No día en que se fai un mes da data en que teoricamente a Marea Atlántica se comprometera a presentar o novo mapa de rutas do transporte urbano, o Goberno Local segue ausente en materia de mobilidade.

Entendemos que o Goberno da Marea Atlántica incumpriu fragrantemente o seu programa electoral en materia de mobilidade e máis concretamente o punto 32 no que prometía a reordenación da mapa de rutas de autobús urbano, ademais da priorización de paso mediante plataforma reservada (carril bus) e a mellora de accesibilidade en paradas.

Asemade, reiteramos a nosa crítica ao Goberno do Sr. Ferreiro xa que nestes tres anos de mandato se levan executado 0 metros de carril bus, 0 metros de carril bici, 0 liñas de autobús renovadas, 0 prazas en aparcamentos disuasorios, os mesmos coches na Cidade Vella e a concesión á Compañía de Tranvías prorrogada.

E as poucas decisións tomadas só foron atendendo á mobilidade ciclista e todas elas están en trámites logo de tres anos desde que a Marea Atlántica accedese ao Goberno da cidade.

Para nós as medidas en materia de mobilidade deberían ser prioritarias e polos efectos que podería ter sobre a cidade: na vida da xente, que podería moverse con máis facilidade e en menos tempo mais tamén sobre a súa saúde, sobre o medio ambiente e sobre o comercio.

En reunións co Goberno, dixéronnos até en dúas ocasións que o novo mapa de liñas do transporte urbano ía ser presentado o 10 de abril mais vai un mes desde esa data e non sabemos absolutamente nada. O Sr. Díaz Grandío terá que dar explicacións no Pleno sobre este retraso, que xa non é só dun mes senón de tres anos xa que era unha promesa electoral.

A única mobilidade promovida polo Goberno local foi a dos seus membros polo Estado español e polo mundo mais ningunha medida en materia de transporte e de espazo público que beneficie ao conxunto das coruñesas e dos coruñeses.

A Coruña, 10 de maio de 2018.