CONSULTA POPULAR

Malia o constante adiamento do Goberno da Marea insistiremos en solicitar o referendo sobre os peiraos da cidade

Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá que aprobaba a Consulta Popular
Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá que aprobaba a Consulta Popular

Volveremos pedir no Pleno a celebración da Consulta Popular

Damos traslado así á moción presentada a todos os grupos municipais pola Comisión Aberta en Defensa do Común na que tamén se insta o alcalde que realice as actuacións necesarias para que o custo da construción do porto exterior de Punta Langosteira e as súas conexións, que é unha obra do Estado, sexa pagado por este

Malia o constante adiamento do Goberno da Marea insistiremos en solicitar o referendo sobre os peiraos da cidade

Por medio da moción achegada pola Comisión Aberta en defensa do Común (que podes descargar premendo aquí), volveremos trasladar á sesión ordinaria do Pleno que se celebrará este luns, o debate sobre a organización dun referendo na nosa cidade a respecto do futuro dos peiraos interiores.

Deste xeito, solicitaremos de novo que o Goberno municipal, convoque de vez a Consulta Popular aprobada no Pleno do 6 de marzo de 2017, desta volta instando o alcalde para que no prazo dun mes se someta en pleno ordinario, na súa parte resolutiva, un punto separado na súa orde do día para a aprobación desta consulta.

A aprobación desta proposta significaría que para o vindeiro mes de outubro a Corporación Municipal daría o visto e prace para a convocatoria inminente, e sen máis demora, da organización do referendo, co cal estamos a lle demandar ao Goberno que poña unha data concreta enriba da mesa decisión que, por desgraza, leva xa máis duna ano e medio adiandose, desde o mesmo momento no que aprobamos esta proposta en marzo de 2017.

Vista aerea do porto da Coruña cos peiraos de Calvo Sotelo e de Bateria

Do mesmo xeito, a moción que defenderemos e entregada a todos os grupos municipais pola Cadeco, tamén insta o alcalde que realice as actuacións necesarias para que o custo da construción do Porto Exterior de Punta Langosteira e as súas conexións, que é unha obra do Estado, sexa pagado por este.

Neste sentido, este pasado venres realizamos unha rolda de prensa, na que participou a nosa Portavoz nacional Ana Pontón, e o noso tándem de cabeceira co que nos presentamos ás eleccións municipais na Coruña, Francisco Jorquera e Avia Veira, precisamente lembrabamos que a única organización que mantivo unha coherencia continuada no debate a respecto dos terreos portuarios, a financiación do Porto Exterior e a necesidade de derrogar os convenios de 2004 foi o propio BNG, e demandabamos que os demais grupos políticos manteñan unha postura inequívoca de defensa dos intereses lexítimos da cidade da Coruña e non en función dos seus interese partidarios e en función de quen estea na quenda de Goberno.

Xa o dixemos máis dunha vez mais non nos cansaremos de repetilo, e neste sentido a moción que levamos ao Pleno implica: a supresión do convenio de 2004, a devolución de balde dos terreos portuarios, unha vez desafectados, para usos sociais e produtivos en beneficio da cidade, e a construción do Porto Exterior a conta do Orzamento Xeral do Estado. E cremos lamentábel o espectáculo que se deu durante estas semanas que o único que evidenciou foi como as demais organizacións, en ningún momento nestes últimos anos actuaron con lealdade para cos intereses da veciñanza da Coruña.

A Coruña, 9 de setembro de 2018. 

 

Artigos relacionados