PREGUNTA POR ESCRITO DE FRANCISCO JORQUERA

O mal estado do acceso ao Punto Limpo dos Rosais

O enreixado que fecha o acceso ao Punto Limpo dos Rosais presenta un mal estado, con ocos abertos na súa parte inferior que non garanten a necesaria seguridade do recinto.
O mal estado do acceso ao Punto Limpo dos Rosais

Este feito levou o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, a formular unha pregunta por escrito ao Goberno Local.

Interésase por saber en primeiro lugar se o executivo coruñés é coñecedor desta situación e, en caso afirmativo, pregúntalle por que non se ten amañado a contorna do Punto Limpo.

Estima o voceiro nacionalista que en todo caso o Goberno Local debe demandarlle á empresa que xestiona esta instalación que amañe o cerrado do Punto Limpo para que non se produzan “entradas indesexadas” no recinto que mesmo puidesen resultar no roubo dos residuos alí depositados, coas negativas consecuencias que para o medio ambiente se poderían derivar.

O mal estado do acceso ao Punto Limpo dos Rosais