Lamentamos que o escándalo do caso Conde de Fenosa se salde sen responsabilidades

Foto: IG
Foto: IG
Un decreto datado o 6 de agosto deu conta de que o Concello arquivaba a investigación interna a respecto do caso Conde de Fenosa sen determinar ningunha responsabilidade de carácter persoal. Ningún cargo político, ningún membro do corpo de funcionarias/os, ficaba sinalado como responsábel.
Lamentamos que o escándalo do caso Conde de Fenosa se salde sen responsabilidades

Esta investigación administrativa, o tecnicamente chamado expediente de acción de regreso, abriuna o Concello porque así viña obrigado por lei.

A este respecto, o grupo municipal do BNG lamenta que unha actuación “manifestamente ilegal” como a do Conde de Fenosa, “que ocasionou un grave quebranto económico” ao Concello –unha indemnización de 2,97 millóns de euros para o denunciante, alén do recoñecemento de entre 9.000 e 12.000 euros por propietario- se salde agora sen que se sinale ningunha persoa como responsábel.

“Agardamos que o carpetazo a este asunto, unido ao Proxecto das Percebeiras, non nos estea a indicar a intención do Goberno Local de retornar a unha política urbanística do pasado que xa debería ter sido definitivamente abandonada”, afirma Avia Veira, a responsábel de Urbanismo do grupo municipal do BNG.

“A apertura deste expediente só se fixo para cubrir, e nunca mellor dito, o expediente e por atender a lei, e non por un compromiso real por parte do Goberno Local de que se depurasen efectivamente as responsabilidades”, conclúe Avia Veira.

 

 

Lamentamos que o escándalo do caso Conde de Fenosa se salde sen responsabilidades