Jorquera pide que o proxecto das TIC beneficie tamén os barrios da contorna

Terreos da Fábrica de Armas
Terreos da Fábrica de Armas
Hai que evitar que a Cidade das TIC acabe sendo unha "illa" desligada da contorna, afirmou este martes o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quen defendeu que o proxecto tecnolóxico, que cualificou de "estratéxico" para a cidade dado o proceso de desindustrialización que sofre, beneficie tamén os barrios colindantes.
Jorquera pide que o proxecto das TIC beneficie tamén os barrios da contorna

"A Cidade das TIC ten de ter permeabilidade cos barrios e núcleos circundantes, que se teñen que beneficiar de zonas verdes e novos equipamentos públicos", dixo o voceiro nacionalista durante a súa intervención na tertulia de portavoces municipais de Onda Cero Coruña.

"Pedralonga, o Monte Mero, Palavea, o Castro de Elviña... son barrios con grandes carencias dotacionais",dixo Jorquera, quen salientou que "xa temos tido reunións coa veciñanza da contorna da futura Cidade das TIC e é imprescindíbel que eses barrios se beneficien deste proxecto".

A construción deste complexo provocará tamén problemas do punto de vista da mobilidade e nese sentido o voceiro nacionalista avoga por apostar polo transporte público e que se teña especialmente en conta a conexión co campus de Elviña.

Jorquera pide que o proxecto das TIC beneficie tamén os barrios da contorna