Jorquera celebra que se alcanzase unha Declaración Institucional sobre o caso Fuenlabrada, como defendeu o BNG desde o principio

Veira e Jorquera nos seus escanos
Veira e Jorquera nos seus escanos
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, celebrou que finalmente se alcanzase na Corporación unha Declaración Institucional unitaria sobre o caso Fuenlabrada, tal e como a formación nacionalista defendeu desde o principio.
Jorquera celebra que se alcanzase unha Declaración Institucional sobre o caso Fuenlabrada, como defendeu o BNG desde o principio

Na súa intervención perante o Pleno, o voceiro nacionalista congratulouse de que se teña declarado Javier Tebas como persoa non grata na cidade da Coruña. "Persoa non grata polo seu comportamento irresponsábel, pondo en perigo a saúde pública; persoa non grata porque temos memoria e non esquecemos cando intentou fixar a responsabilidade do asasinato de Jimmy nos seareiros do Dépor. Preferiu amparar os nazis do Frente Atlético, actuando como encubridor de asasinos".

Para Jorquera, Javier Tebas comportouse como un "capo mafioso" ao ocultar información sobre os positivos do Fuenlabrada e ao utilizar as súas influencias no aparello policial para forzar a escandalosa detención de Álex Bergantiños. Un capo mafioso, salientou, con vínculos empresariais co Fuenlabrada e, por tanto, con intereses para deixar caer o Dépor na Segunda B.

O voceiro nacionalista tamén criticou con dureza o Consello Superior de Deportes: "Agora o Goberno anuncia que levará Tebas á Fiscalía. E aledámonos. Pero non é menos certo que o Consello Superior de Deportes preferiu mirar para outro lado ante as solicitudes de iniciar o procedemento para a súa inhabilitación, pese a que a Lei do Deporte no seu artigo 43.C habilita o CSD para o facer, e inhibiuse á hora de arbitrar unha solución que reparase a inxustiza cometida" co Dépor, concluíu.

 

Jorquera celebra que se alcanzase unha Declaración Institucional sobre o caso Fuenlabrada, como defendeu o BNG desde o principio