INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

As instalacións deportivas sen os horarios para os clubs deportivos da cidade

Vista exterior das instalacións deportivas municipais de Riazor (piscina e pavillón deportivo)
Vista exterior das instalacións deportivas municipais de Riazor (piscina e pavillón deportivo)

Aínda non se teñen iniciado os procedementos para a distribución de horarios de uso das instalacións deportivas municipais

Xa iniciada, ou a piques de iniciar, a maioría das competicións deportivas da temporada 2017-2018 as entidades deportivas non puideron solicitar os horarios de usos das instalacións o que provoca incerteza para coa súa planificación de adestramentos

Lembramos que normalmente este procedemento abríase a finais de xuño ou principios de xullo, a esa altura do ano as entidades deportivas trasladaban as solicitudes para a temporada seguinte. Este ano o Goberno municipal non abriu aínda ese prazo e, estando xa en setembro, as distintas instalacións manteñen prorrogados os mesmos horarios de reserva da temporada 2016-2017, polo que non se atenderon novas solicitudes, ou o acceso de novos clubs, ou dáse a circunstancia de que equipos e entidades que xa non empreguen as instalacións segan mantendo a reserva, o que provoque que a instalación nese tempo estea baleira

As instalacións deportivas sen os horarios para os clubs deportivos da cidade

Vimos de facer pública esta mañá a situación de adiamento da solicitude de reservas de usos das instalacións deportivas municipais para entidades deportivas federadas, situación gravísima a esta altura do ano coa maioría das competición comezadas ou a piques de comezar.

Deste xeito, denunciamos a situación de incerteza que nos teñen trasladado varias entidades deportivas da nosa cidade, xa que logo realizan a súa planificación de actividades e de adestramentos en función dos horarios que se lle son asignados, sempre antes do comezo das temporadas.

As competicións non agardan por unha situación administrativa. Todo o mundo sabe que calquera competición deportiva comeza a disputarse despois do verán, a partir de setembro, polo que as entidades xa planifican todo un ano, na maioría dos casos, a finais da temporada anterior. E era nese momento, até o de agora, cando o Concello da Coruña abría o prazo de solicitudes de reserva das instalacións para que as entidade federadas trasladasen a súa proposta de usos para o seguinte curso. Este ano, desde as instalacións deportivas se lles está indicando que ate finais de outubro, ou principios de novembro non se abrira o prazo. É dicir, na maioría dos casos cun cuarto ou cun terzo das competicións xa celebradas. É inadmisíbel.

E advertimos que, a diferenza de anos anteriores, onde este procedemento de recollida de solicitudes para usos de instalacións deportivas municipais se realizaba cando as competicións xusto acababan de rematar, e se resolvía normalmente no mes de agosto, na actualidade está adiado, procedéndose de xeito provisional a se prorrogaren os horarios da temporada pasada.

Lembramos que normalmente este procedemento abríase a finais de xuño ou principios de xullo, a esa altura do ano as entidades deportivas trasladaban as solicitudes para a temporada seguinte. Este ano o Goberno municipal non abriu aínda ese prazo e, estando xa en setembro, as distintas instalacións manteñen prorrogados os mesmos horarios de reserva da temporada 2016-2017, polo que non se atenderon novas solicitudes, ou o acceso de novos clubs, ou dáse a circunstancia de que equipos e entidades que xa non empreguen as instalacións segan mantendo a reserva, o que provoque que a instalación nese tempo estea baleira.

A Coruña, 7 de setembro 2017.