INFRAESTRUTURAS

Iniciativas para San Diego – Os Castros

Vista do estado actual do valado exterior da pista deportiva de San Diego
Vista do estado actual do valado exterior da pista deportiva de San Diego

Solicitamos que o Goberno municipal substitúa o valado exterior da pista deportiva

Veciñanza da zona transmitiunos a súa preocupación polo deterioro existente hoxe en día e a posibilidade de que puidera ceder magoando as crianzas que xogan na zona

Iniciativas para San Diego – Os Castros

O parque de San Diego constitúe un dos poucos espazos libres do barrio de Oza e dos Castros e o único que conta cunha pista deportiva dentro dos seus equipamentos.

Trátase dunha pista deportiva pensada para a práctica do baloncesto mais na que fundamentalmente se xoga ao fútbol e que ten unha grande afluencia.

O certo é que a pista ten un valado metálico ao redor que agora mesmo está en pésimas condicións, tal e como se pode ver nas fotos que nos achegou un veciño da contorna, e corre o risco de caer enriba de calquera persoa.

É por iso que presentamos unha iniciativa (podes descargala premendo aquí) no Concello para que o Goberno Local substitúa á maior brevidade posíbel o valado desta pista deportiva, tendo en conta o deterioro e o perigo que supón coa cantidade de rapazada que utiliza a instalación e a afluencia que ten o parque.

 

A Coruña, 8 de novembro de 2017.