A iniciativa "Pensar Galiza" chega á Coruña con palestras sobre Economía e Sanidade Pública

Pensar galiza
Olalla Rodil e Rubén Cela
A iniciativa "Pensar Galiza. Ideas para un País en marcha", un foro de debate promovido polo BNG, chega a Coruña e vaino facer xoves e venres con senllas palestras sobre Economía e Sanidade Pública, a cargo de Rubén Cela e Montse Prado, respectivamente.
A iniciativa "Pensar Galiza" chega á Coruña con palestras sobre Economía e Sanidade Pública

As dúas charlas, abertas ao público, terán lugar ás 18 horas na sede comarcal do BNG (Rúa Damas, 4, Cidade Vella).

A primeira das palestras, a que versa sobre Economía, vaina protagonizar este xoves o membro da Executiva Nacional do BNG Rubén Cela e vai ter como argumento asuntos como a necesidade de este país se dotar dun financiamento xusto (o concerto económico), os pasos a dar para conquistar unha tarifa eléctrica galega ou as estratexias para combater o intenso proceso de desindustrialización que sofre Galiza.

A segunda das palestras, sobre o estado da Sanidade Pública no país após a desastrosa década do PP de Feixóo ao fronte da Xunta, está axendada para este venres e terá como relatora a deputada do BNG Montse Prado. Abordará, entre outros asuntos, as deficiencias que presentan os centros de atención primaria na nosa cidade e o proxecto de ampliación do CHUAC, toda unha cortina de fume propagandística para ocultar a realidade das políticas sanitarias de recortes e de privatizacións practicadas polo PP desde o Goberno galego.

A iniciativa "Pensar Galiza" chega á Coruña con palestras sobre Economía e Sanidade Pública